Concello de Åstorp
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Escania | ||||
| Capital | Åstorp (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 16.491 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 92,62 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal council in Åstorp Municipality, Sweden (en) | Martin Sjöström (2022–) | ||||
| • Chairman of the municipal board in Åstorp Municipality, Sweden (en) | Erik Petersson (1971–1976) Gunnar Ekberg (1976–1979) Arne Löyskä (1979–1991) Margareta Pålsson (pt) Jan Nilsson (1994–2008) Ronny Sandberg (2008–2022) Peter Lindberg (2022–) | ||||
| Sitio web | astorp.se | ||||
Åstorp é un concello sueco no noroeste do condado de Escania. A súa capital é a localidade de Åstorp, que se atopa un uns 20 km ao nordés da cidade de Helsingborg.
O concello ten a industria como motor económico desde finais do século XIX.
Dende o ano 2000 o crecemento da poboación vén sendo positivo, e en decembro do ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 16 449 habitantes.[1]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Björnekulla, Kvidinge e Västra Broby, todas eleas no härad de Södra Åsbo. Nesas parroquias fundáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome.
A localidade municipal de Åstorp estableceuse no concello rural de Björnekulla o 15 de xullo de 1887 e disolveuse en 1946 condo se creou o köping de Åstorp a través da transformación do concello rural. A localidade municipal de Kvidinge creouse o 31 de marzo de 1932 e desapareceu ao final de 1970.
Coa reforma municipal de 1952 o concello rural de Västra Broby transferíuse ao köping de Åstorp.
O actual municipio de Åstorp naceu coa reforma municipal de 1971 a través da transformación do köping de Åstorp. En 1974 incorporouse co concello de Kvidinge.[2]
Xeohgrafía
[editar | editar a fonte]O concello de Åstorp atópase no noroeste do condado de Escania e limita cos municipios de Bjuv ao sur, Helsingborg ao oeste, Ängelholm ao norte, Klippan ao leste, e Svalöv ao sueste, todos eles en Escania
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-05.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
