Concello de Åsele
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Västerbotten | ||||
| Capital | Åsele (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.696 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 4.543,62 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Sucedido por | Dorotea (municipio) | ||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Åsele Municipality, Sweden (en) | Thore Sörlin (en) Q133723987 Q133727198 Q133723321 Q133728378 Q133722141 Q133698823 Q133698577 Q133698611 Q133698640 Q133698813 Andreas From (2019–) | ||||
| Sitio web | asele.se | ||||
Åsele é un concello sueco no condado de Västerbotten, na rexión de Laponia. A súa capital é Åsele, a única localidade do municipio.
Trátase dun concello de interior e a través del flúen os ríos Gideälven e Ångermanälven. O parque nacional Björnlandet atópase no sueste do municipio. A silvicultura é a industria básica tradicional, pero está sendo substituída cada vez máis pola industria do metal e a agricultura. A industria turística está tamén en crecemento.
Dende os anos 70 o concello foi perdendo poboación e en decembro de 2024 tiña 2 694 habitantes, sendo o quinto concello con menos poboación de Suecia.[1]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese á das parroquias de Fredrika e Åsele. Nesas dúas parroquias creáronse dous concellos rurais co mesmo nome cando a reforma municipal de 1862 implantouse en Laponia.
A localidade municipal de Åsele estableceuse o concello rural do mesmo nome o 5 de xullo de 1901 e disolveuse en 1959 ao crearse o köping de Åsele despois da transformación do municipio.
A reforma municipal de 1952 non tocou as divisións da zona, xa que non Västerbotten nin Norrbotten víronse afectadas pola mesma.[2]
O actual concello de Åsele formouse coa reforma municipal de 1971 a través da transformación do köping de Åsele. No ano 1974 incorporáronse os concellos de Fredrika e Dorotea, pero en 1980 Dorotea separouse estableceuse como concello.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Åsele atópase na parte sur do condado de Västerbotten e limita ao sur cons concellos de Sollefteå e Örnsköldsvik, os dous no condado de Västernorrland, ao oeste co de Dorotea, ao noroeste co de Vilhelmina, ao norte co de Lycksele, e ao leste co de Bjurholm, todos en Västerbotten.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-05.
- ↑ "Folkräkningen 1950 del 1" (PDF). SCB. Archived from the original on 29 de outubro de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2025.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
