Concello de Åre
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Jämtland | ||||
| Capital | Järpen (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 12.792 (2026) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca linguas saamis | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 8.236,48 km² | ||||
| Comparte fronteira con | Tydal (pt) concello de Berg Concello de Strömsund concello de Östersund Lierne (pt) Verdal (pt) Snåsa (pt) Meråker (pt) concello de Krokom | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | are.se | ||||
Åre é un concello sueco no condado de Jämtland. A súa capital é a localidade de Järpen.
Trátase dun concello de montaña que fai fronteira con Noruega ao oeste e a través del flúe o río Indalsälven. O turismo de montaña, que comezou a finais do século XIX, caracteriza ao municipio e emprega ao redor do 30 por cento dos ocupados.
Dende o cambio de milenio o seu número de habitantes medrou e durante a tempada turística a poboación é sensiblemente maior. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 12 693 habitantes.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Åre atópase ao oeste do condado de Jämtland. Limita ao nordés co municipio de Krokom e ao sur co de Berg, ámbolos dous en Jämtland. Ao oeste do concello están os concellos noruegueses de Meråker e Verdal, e ao norte o de Snåsa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-04.
