Concello de Ånge
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Västernorrland ![]() | ||||
Capital | Ånge (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.044 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 3.295,62 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Ånge Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Q133543446 ![]() Erik Lövgren (en) ![]() ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ange.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ånge é un concello sueco no condado de Västernorrland. A súa capital é o nó ferroviario de Ånge. O municipio atópase principalmente na província histórica de Medelpad, aínda que unha pequena parte da parroquia de Haverö está en Jämtland. O monte Flataklocken é un dos lugares que reclama o título de centro xeográfico de Suecia.[1]
O río Ljungan atravesa o municipio de leste a oeste dividíndoo en dous. O municipio creceu orixinalmente como unha comunidade ferroviaria, pero agora a actividade está dominada polas industrias de servizos.
Dende os anos 70 o concello pasou dende os case 15 000 habitantes ata pouco máis de 9 000 en 2024.[2]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Borgsjö, Haverö e Torp. Nesas parroquias creáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
A localidade municipal de Alby estableceuse no concello de Borgsjö o día 2 de decembro de 1904 e disolveuse ao final de 1956. O köping de Ånge creouse en 1946 tras unha excición do concello de Borgsjö.
A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona.
O actual concello de Ånge naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do köping Ånge e os concellos rurais de Borgsjö, Haverö e Torp.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Ånge está situado no suroeste do condado de Västernorrland. Ao leste limita co municipio de Sundsvall, tamén en Västernorrland, ao sueste cos de Nordanstig e Hudiksvall, ao sur co de Ljusdal, os tres no condado de Gävleborg, e ao suroeste co de Härjedalen, ao oeste co de Berg e ao norte co de Bräcke, estes últimos no condado de Jämtland.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ånge kommun - Sweden´s Geographical Centre - Flataklocken". web.archive.org. 2008-06-17. Consultado o 2025-03-06.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-04.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.