Conca mineira de Norte-Paso de Calais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Conca mineira do Norte-Paso de Calais
Bassin minier du Nord-Pas-de-Calais - Vues générales du patrimoine.jpg
A conca mineira Nord-Pas de Calais é unha zona de gran diversidade arquitectónica e paisaxística.
Localisation - bassin houiller du Nord-Pas-de-Calais.svg
Localización da conca mineira Nord-Pas de Calais no mapa das concas do carbón francesa.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of France.svg Francia
TipoCultural
CriteriosII, IV, VI
Inscrición2012 (36º Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1360

A Conca mineira de Norte-Paso de Calais é unha conca mineira do norte de Francia que se estende polo departamento Norte-Paso de Calais. A rexión é famosa pola súa longa historia de estracción de carbón e o seu testemuño dun período significativo na historia da industrialización en Europa, e como resultado foi inscrita na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO en 2012.[1] Esta área foi moldeada por tres séculos de estracción de carbón desde finais do século XVII ata o século XX, e demostra a evolución das técnicas de minería do carbón e das condicións dos traballadores durante ese tempo.[1]

Localización da conca mineira de Norte-Paso de Calais no mapa das concas de carbón francesas.

Descrición e historia[editar | editar a fonte]

A conca mineira Norte-Paso de Calais é a parte occidental dunha conca rica en carbón que continúa a través da fronteira con Bélxica. En Francia, a conca abrangue 1.200 quilómetros cadrados, incluíndo as cidades de Béthune, Lens, Douai e Valenciennes.[2] Debido á súa longa historia de minería como industria predominante, a arquitectura e a paisaxe da rexión son únicas.[1]

Aínda que o carbón descubríuse por primeira vez na conca en 1660 e o primeiro pozo escavouse arredor de 1692[Cómpre referencia], houbo pouca extracción de carbón no norte de Francia ata mediados do século XVIII.[2] Porén, coa crecente escaseza de madeira e co colapso do Primeiro Imperio Francés en 1815, as minas de carbón preto de Valenciennes ampliáronse e as compañías mineiras comezaron a formarse na rexión.[2] Na década de 1840 descubriuse a parte occidental da conca.

Comezando co Segundo Imperio Francés na década de 1850, a conca mineira Norte-Paso de Calais converteuse na conca mineira máis importante de Francia. En 1880, a conca producía case 8 millóns de toneladas, e a principios do século XX representaba un terzo de toda a minería de carbón en Francia.[2] A famosa novela Germinal, escrito por Émile Zola en 1885, describe as duras condicións e a vida laboral dos mineiros durante a expansión da extracción de carbón na rexión. O desastre da mina de Courrieres ocorreu na rexión en 1906, o que provocou a morte de 1.099 persoas.[2]

Durante a Primeira Guerra Mundial, a Fronte Occidental dividiu en dous a rexión, e a parte oriental da conca mineira inundouse.[2] En 1930, con todo, a conca tivo unha produción máxima de 35 millóns de toneladas, empregando uns 75.000 traballadores e representando o 60% da produción nacional de carbón de Francia.[2] Despois da Segunda Guerra Mundial, a produción comezou o seu declive, xa que moitas das minas comezaran a esgotarse e as condicións fixéronse máis arduas. As folgas de 1968 e 1971 aceleraron o declive, e todas as minas da zona pecharon esencialmente a finais da década de 1980.[2]

Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

O Patrimonio da Humanidade comprende 108 compoñentes das antigamente prolíficas minas da zona, que preservan os lugares de explotación mineira, incluíndo 17 pozos mineiros, 21 casteletes (utilizados para soportar os sistemas de elevación sobre a mina), 51 montóns de escouras, infraestruturas de transporte de carbón (incluíndo vagóns mineiros e estacións de ferrocarril), propiedades dos traballadores e aldeas mineiras. Dentro das vilas mineiras protexidas polo sitio hai escolas, edificios relixiosos, instalacións sanitarias e comunitarias, oficinas das empresas, casas de propietarios e xerentes e concellos.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "Nord-Pas-de-Calais". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Nord-Pas de Calais Mining Basin (France): No. 1360 (Informe). ICOMOS. 14 de marzo de 2021. Consultado o 4 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]