Conamara Chaos
Aparencia
Conamara Chaos é unha rexión de terreo caótico da lúa do planeta Xúpiter, Europa. Recibe o seu nome en referencia á rexión (distrito) de Connemara, en Irlanda.
Conamara Chaos é unha paisaxe formada pola rachadura da codia xeada de Europa. A rexión consiste en grandes bloques (a xeito de balsas) de xeo que se moven e rotan. Ó redor destas bateas de xeo poderían formarse lagoas de auga ou xeos medios fundidos enlamados cons materiais de cores rosáceas procedentes de debaixo da superficie. Esta rexión é citada a miúdo coma evidencia dun océano baixo a superficie.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- more images (en inglés)