Con tango son tres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A nai da nai da miña mamá é un álbum ilustrado de Alejandra Schmidt ilustrado por María José Olavarría e traducido ao galego por Charo Baleirón Sóñora. Foi publicado pola editorial Hércules no ano 2014.

Trama[editar | editar a fonte]

O libro conta dúas historias relacionadas. Na primeira parte, a protagonista, unha nena, cóntanos o que fai cando vai visitar á súa bisavoa Memé e como se sinte estando con ela, a pesar de que a súa bisavoa non recorde moitas cousas. Por outro lado, a bisavoa da protagonista, Memé, cóntanos o feliz que a fai cando a súa bisneta a vai a visitar. Así mesmo, tamén reflexiona sobre a vellez e as súas consecuencias, a perda de persoas ao seu redor, da memoria, etc.

Edición[editar | editar a fonte]

Presenta un formato cuadrangular (21x21 cm) de pouco volume e de tapa dura. Na cuberta aparece unha imaxe dunha nena cunha bufanda vermella que se une coa contracuberta na que aparece a bisavoa da rapaza. Este libro conta dúas historias, unha empezando pola cuberta (historia dende o punto de vista da rapaza) e outra dende a contracuberta (historia dende o punto de vista da bisavoa). O título aparece en as ambas partes na marxe superior dereita. Na parte inferior dereita amósasenos o nome da editorial e a autoría tanto do texto como das ilustracións. Antes de comezar coa historia podemos ler unhas liñas de Soledad Gómez León nas que se adianta unha breve explicación da historia. As páxinas son finas e suaves.

Ilustracións[editar | editar a fonte]

As ilustracións que confiren á historia un carácter especial, cheo de sentimentos e emocións que se nos expresan a través dos debuxos da bisavoa e a súa bisneta. Predominan as cores vermellas en moitos detalles da historia e as tonalidades ocres como fondo. O texto aparece de forma conxunta coas ilustracións, ás veces nunha soa folla, outras nas dúas.

Potencialidades educativas[editar | editar a fonte]

O libro explica de forma natural o tema do alzheimer nos maiores para que os nenos/as poidan entender de forma sinxela o que lles pode ocorrer ou lles ocorre aos seus avós ou bisavós. Así mesmo esta historia ensalza o valor e o respecto dos maiores. Tamén trata temas como o paso do tempo, a perda dun familiar ou ser querido, o legado, as raíces e a historia dos nosos maiores, etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Schmidt, Alejandra (2014). A nai da nai da miña mamá. Ilustr. María José Olavarría Madariaga. Trad. Charo Baleirón Sóñora. A Coruña: Hércules de Ediciones; [30pp.] (ISBN: 978-84-92715-83-1).