A Comunidade Económica e Monetaria de África Central (CEMAC) (en francésCommunauté Économique & Monétaire de l'Afrique Centrale) é unha organización internacional creada para substituír a Unión Aduaneira e Económica de África Central (UADAC, do francés Union Douanière et Économique de l'Afrique Centrale). O tratado que institúe a CEMAC foi asinado o 16 de marzo de 1994 en Xamena (Chad) e entrou en vigor en xuño de 1999.
estabelecer unha unión cada vez máis forte entre os pobos dos Estados membros para reafirmar a súa solidariedade xeográfica e humana;
promover as iniciativas nacionais para a eliminación das trabas ao comercio intracomunitario, a coordinación dos programas de desenvolvemento, a harmonización dos proxectos industriais;
o desenvolvemento da solidariedade dos países membros para favorecer os países e rexións máis pobres;
crear unha auténtica cooperación africana.
O 24 de xaneiro de 2003 a Unión Europea, concluíu un acordo financeiro coa CEEAC e a CEMAC, condicionada a que a CEMAC e a CEEAC converxeran nunha soa organización, e así, a CEEAC tomará a súa parte de responsabilidade na defensa da paz e a seguridade da rexión a través do pacto COPAX de seguridade.