Compostela, México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Compostela
Escudo de Compostela, Nayarit, México.svg
Escudo
Mapa
Compostela en Nayarit.svg
Información xeral
País Flag of Mexico.svg México
Estado Nayarit
Cabeceira municipal Compostela
Superficie 1.848 km2
Altitude 0-1200 msnm
Poboación 70 399 (2010)
Densidade hab/km²
Xentilicio Compostelense
Fundación
Alcalde
Código 18004 (INEGI)
Páxina web www.compostela.gob.mx

Compostela é un municipio ao sur do Estado de Nayarit, en México. Limita coas municipalidades mexicanas de San Blas, Xalisco, Santa María del Oro, Baía de Banderas e co Porto Vallarta e San Pedro Lagunillas no estado de Xalisco e ao oeste co Océano Pacífico. A súa área comprende 1.848 km² , cunha poboación arredor dos 63.000 habitantes. A capital municipal é Compostela de Indias, a segunda vila en poboación é Rincón de Guayabitos. Atópase dentro das coordenadas xeográficas extremas entre os paralelos 21º22’ a 20º52’ de latitude norte, e os meridianos 104º49’ e 105º22’ de lonxitude oeste.

Así mesmo, comunica coas cidades de Guadalaxara Xalisco e Tepic Nayarit a través da autoestrada e do ferrocarril, amais de estar ligada por unha estrada convencional coa vila de Porto Vallarta Xalisco.

Etimoloxía do topónimo[editar | editar a fonte]

O primeiro nome de Compostela identifícase co nome antigo na lingua náhuatl de Cactlān (cfr. náhuatl actual Cactli (zapato) e o sufixo de tlān (preto de-). O seu antigo nome provén do náhuatl que significa "lugar preto dos zapatos".

Cando os españois exploraron a rexión fundaron primeiro a Villa de Santiago de Galicia de Tepic e anos despois a Villa de Santiago de Galicia de Compostela de Indias (no val de Cactlān, fundada polo explorador español Cristóbal de Oñate o 25 de xullo de 1540 en memoria da cidade galega de Santiago de Compostela.

O segundo topónimo da municipalidade naiarita provén de Campus Stellae, isto é campo de estrelas, ou máis probabelmente de Composita Tella, terras ben axeitadas[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Esta cidade foi a primeira capital do antigo reino de Nova Galicia no vicerreinado da Nova España, tomando máis tarde o relevo a cidade de Guadalaxara.

Demografía[editar | editar a fonte]

Localidades do concello[editar | editar a fonte]

Mapa da municipalidade de Compostela en Nayarit.
Localidad Poboación
Total do concello 70 399[2]
Compostela 17 573
Las Varas 14 077
La Peñita de Jaltemba 9 102
Zacualpan 4 893
Rincón de Guayabitos 1,979

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ningunha destas etimoloxías é correcta, sendo a primeira de orixe medieval e a segunda máis aproximada á realidade: composita (terra) + diminutivo -ela.
  2. Concello de Compostela SEDESOL, 24 de xuño de 2017.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]