Complexo de Batujaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Candi Jiwa.

O complexo de Batujaya é un conxunto de restos de templos budistas situados entre a vila de Segaran e a Telagajaya, no subdistrito de Batujaya, rexencia de Karawang, en Xava Occidental (Indonesia) e que constitúen os templos budistas máis antigos de Xava, nunha extensión de 5 km² consérvanse as ruínas de 24 templos, 1 deles totalmente restaurado, construídos entre os séculos V e VI durante o reinado de Tarumanagara.
O complexo descubriuno en 1984 un equipo da facultade de arqueoloxía da Universidade de Indonesia, e desde aquela véñense realizando prospeccións arqueolóxicas, que deron como resultado a catalogación de 24 templos.