Comité Soviético de Solidariedade con Asia e África

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Comité Soviético de Solidariedade con África e Asia (en ruso Советский комитет солидарности стран Азии и Африки, abreviado СКССАА, SKSSAA) foi unha organización da Unión Soviética, que pretendía contribuír por medio da solidariedade á liberación nacional dos países de África e Asia[1], fundada en maio de 1956[2] e era membro da Organización de Solidariedade cos Pobos Afroasiáticos [2], funcionaba como un órgano semioficial da política exterior soviética[3] que se financiaba por medio do Fondo de Paz Soviético e traballaba en coordinación co departamento internacional do Partido Comunista da Unión Soviética[4]. O seu labor centrábase arredor do dereito de autodeterminación e do antirracismo[5] e contribuíu a crear a Universidade Patrice Lumumba.[6]

O SKSSAA publicaba, conxuntamente co Instituto de Estudos Orientais, o xornal sociopolítico e científico Aziia i Afrika Segodnia.[7][8] O poeta taxico Mirzo Tursunzoda foi o seu presidente en 1968.[9] e os integrantes das minorías caucásicas e centroasiáticaas estaban sobrerrepresentados na organización.[5]. Trala desaparación da URSS o SKSSAA desapareceu e o seu sucesor legal é a Sociedade Rusa de Solidariedade de Cooperación cos Pobos Asiáticos e Africanos.

Suráfrica[editar | editar a fonte]

A SKSSAA foi moi activa na loita contra o apartheid en Suráfrica.[1], axudou materialmente ao Congreso Nacional Africano no exilio[10] e recibiron os seus membros na URSS para tratamento médico en hospitais[11], amais coordinou actividades para estudantes surafricanos na Unión Soviética.[12]

Palestina[editar | editar a fonte]

Ata 1974 todos os visitantes da OLP eran convidados pola SKSSAA[13] como fixo Yasser Arafat na súa visita a Moscova en 1970[14].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Soviet Afro-Asian Solidarity Committee (SKSSAA) / Sovetskii komitet solidarnosti stran Azii i Afriki Arquivado 24 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
  2. 2,0 2,1 Dzasokhov, A. Loyalty to solidarity principles
  3. Weinberger, Naomi J. (1986). Syrian intervention in Lebanon: the 1975 - 76 civil War. Oxford Univ. Press. p. 310. ISBN 0-19-504010-4. 
  4. Taylor, Ian, and Paul Williams (2003). Africa in International Politics External Involvement on the Continent. Routledge. p. 110. ISBN 0-415-31858-0. 
  5. 5,0 5,1 Amos, Jennifer. Soviet Diplomacy and Politics on Human Rights 1945-1975 Arquivado 13 de xuño de 2010 en Wayback Machine.
  6. 10Th Anniversary Of The Lumumba University Arquivado 26 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
  7. Freedman, Robert Owen (1991). Moscow and the Middle East: Soviet Policy Since the Invasion of Afghanistan. Cambridge University Press. p. 13. ISBN 0-521-35976-7. 
  8. Sahai-Achuthan, Nisha. Soviet Indologists and the Institute of Oriental Studies: Works on Contemporary India in the Soviet Union, in The Journal of Asian Studies, Vol. 42, No. 2 (Feb., 1983), pp. 323-343
  9. Dishon (1973). Middle East Record 1968. Wiley. p. 44. ISBN 0-470-21611-5. 
  10. South African Democracy Education Trust (2006). The Road to Democracy in South Africa: 1970-1980 2. Pretoria: Unisa Press. p. 664. ISBN 1-86888-406-6. 
  11. South African Democracy Education Trust (2006). The Road to Democracy in South Africa: 1970-1980 2. Pretoria: Unisa Press. p. 665. ISBN 1-86888-406-6. 
  12. Thomas, Scott (1996). The Diplomacy of Liberation The Foreign Relations of the African National Congress Since 1960. Tauris academic studies. p. 154. ISBN 1-85043-993-1. 
  13. Yodfat, Aryeh, and Yuval Arnon-Oḥanah (1981). P.L.O. strategy and tactics. Taylor & Francis. p. 90. ISBN 0-7099-2901-3. 
  14. Ginsburgs, George, and Robert M. Slusser (1981). A Calendar of Soviet Treaties, 1958-1973. Brill. p. 797. ISBN 90-286-0609-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]