Saltar ao contido

Comité Olímpico Ecuatoriano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comité Olímpico Ecuatoriano
 Instancia de
 Deporte
Datas
 Fundación / creación
1938 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF123737578 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dgshw9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

O Comité Olímpico Ecuatoriano (COE) é o organismo responsable da representación de Ecuador nos Xogos Olímpicos. Foi creado en 1938 e recoñecido polo Comité Olímpico Internacional en 1959.[1] Os estatutos do Comité Olímpico Ecuatoriano foron aprobados oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en Tokyo, con ocasión dos Xogos Olímpicos de 1964, e foi reafirmado mediante a última reforma en xaneiro de 2003. A súa duración ao mando do deporte ecuatoriano é indefinido.[1]

A súa sede está na cidade de Guayaquil.[2]

  1. 1,0 1,1 "Antecedentes - EcuadorCOE.org.ec". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2008. Consultado o 06 de xullo de 2008. 
  2. Lista de departamentos del COE - EcuadorCOE.org.ec

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]