Comarca do Xallas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Comarca de Xallas»)
Comarca do Xallas
ProvinciaProvincia da Coruña
Área391,01 km²
Poboación13.203 hab. (2020)
Densidade33,77 hab./km²
ConcellosMazaricos
Santa Comba
Xentilicioxalleiro/xalleira

A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba. Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391,01 km² e no 2020 tiña 13.203 habitantes.[1] Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago, Ordes e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra[2]. O seu xentilicio é xalleiro/xalleira.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Carta xeométrica de Galicia, co topónimo Comarca de Jallas

O topónimo Xallas, de orixe discutida, aparece durante a Idade Media referido a diferentes elementos xeográficos da zona. A primeira mención recollida, durante o reinado de Afonso IX, é a vila de Ialles de Alcayaa, actual Xallas de Castriz. O nome Xallas pasaría logo a denominar o territorio da vila e finalmente o río, coñecido como río Ézaro. Este topónimo mantívose para o seu tramo final ata o século XX.[3]

Demografía[editar | editar a fonte]

Padrón municipal 2020 13.203 habitantes[1]
Menores de 15 anos 1.266 (9,59 %)
Entre 16 e 64 anos 7.623 (57,74 %)
Maiores de 65 anos 4.314 (32,67 %)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Xallas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-07. 
  2. "Límites - Concello de Santa Comba" (en castelán). Consultado o 2021-03-12. 
  3. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 24-6-2017. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.