Comandanta Ramona
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 ![]() Chiapas, México ![]() |
Morte | 6 de xaneiro de 2006 ![]() San Cristóbal de las Casas, México, preto do lugar ![]() |
Causa da morte | insuficiencia renal tuberculose ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política, revolucionario ![]() |
Período de actividade | 1994 ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Exército Zapatista de Liberación Nacional ![]() |
Rama militar | Exército Zapatista de Liberación Nacional ![]() |
A Comandanta Ramona, nada en 1959 no estado mexicano de Chiapas e finada o 6 de xaneiro de 2006 en San Cristóbal de Las Casas, foi unha muller indíxena tzotzil e comandante do Exército Zapatista de Liberación Nacional de Chiapas, México, que finou o 6 de xaneiro de 2006 por causa de cancro no ril. O termo "comandanta" era o nome do seu cargo no EZLN, para referirse a ela en particular. Foi unha das figuras públicas máis importantes da primeira etapa do levantamento zapatista e central para o Movemento de mulleres zapatistas.
Foi unha das representantes máis destacadas do EZLN durante os primeiros anos de vida pública do movemento. O grupo musical Quetzal dos Ánxeles gravou o tema Todos somos Ramona na súa honra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en 1959 nunha comunidade tzotzil dos altos de Chiapas chamada San Andrés Sacamch’en de Los Pobres, Ramona foi unha das sete comandantas encargadas de dirixir o exército, previo ao seu involucramento co EZLN.
Participación no EZLN - Comité Clandestino Revolucionario Indíxena CCRI
[editar | editar a fonte]Ramona participou durante máis de vinte anos no EZLN, o seu labor de defensa dos dereitos das mulleres indíxenas[1] á saúde, a educación e o pagamento xusto polo traballo artesanal, fixérona célebre nas comunidades dos altos de Chiapas. Traballou en profundidade no CCRI planeando o levantamento do 1 de xaneiro de 1994, formou parte activa da toma de San Cristóbal de las Casas.
Lei Revolucionaria de mulleres
[editar | editar a fonte]Un ano antes do levantamento armado, a Comandanta Ramona e a Maior Ana María realizaron unha consulta[2] a mulleres habitantes das comunidades baixo o control do EZLN, a información que obtiveron cristalizaría na Lei Revolucionaria de mulleres.[3]
A lei aprobouse polas comunidades indíxenas o 8 de marzo de 1993 e foi publicada xunto coa Primeira Declaración da Selva Lacandona, a súa función é garantir os dereitos reprodutivos, educativos, políticos e laborais das mulleres.
Participación nas negociacións con Ernesto Zedillo
[editar | editar a fonte]O 21 de febreiro de 1994 comezaron oficialmente as negociacións entre o EZLN e o goberno do, daquela presidente, Ernesto Zedillo. Ramona formou parte dos Diálogos de Catedral[4] en San Cristóbal.
Case un ano despois, o 9 de febreiro de 1995, Zedillo ordenou unha avanzada militar contra as comunidades zapatistas, rompendo a tregua estabelecida como parte das negociacións e cercando as milicias indíxenas na selva. O 9 de outubro a Comandanta Ramona rompeu o cerco para dirixirse á Cidade de México onde participaría na Convención Nacional Indíxena.[5] Foi a primeira viaxe fóra de Chiapas que realizaba un membro do EZLN e a súa aparición pública foi aclamada por milleiros de persoas na Praza da Constitución da Cidade de México.
Trasplante de ril e diagnóstico de cancro
[editar | editar a fonte]Durante 1996 Ramona foi diagnosticada cun fallo renal causado por cancro, e a súa saúde era precaria durante gran parte das negociacións. Na súa viaxe á Cidade de México recibiu un transplante de ril grazas a unha doazón do seu irmán, a pesar do seu delicado estado de saúde logrou recuperarse e continuar participando activamente como representante pública do EZLN.
Última aparición pública e falecemento
[editar | editar a fonte]A última vez que apareceu en público foi durante as reunións preparatorias de La Otra Campaña, o 16 de setembro do 2005, no Caracol de La Garrucha. Daquela xa fora operada e a súa saúde estaba moi deteriorada. Nove anos despois do transplante regresou o cancro dun xeito máis agresivo.
O 6 de xaneiro de 2006, o Subcomandante Marcos anunciou o falecemento da Comandanta Ramona durante un evento parte da Otra Campaña, sinalou que morreu de camiño a San Cristóbal. Con motivo da súa morte, o Subcomandante Marcos suspendeu as actividades de "La Otra Campaña" durante varios días para estar presente no servizo funerario de Ramona, na zona selva do estado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Padierna Jiménez, María del Pilar (2013-12). "Mujeres Zapatistas: la inclusión de las demandas de género". Argumentos (México, D.F.) (en castelán) 26 (73): 133–142. ISSN 0187-5795.
- ↑ "El zapatismo y el movimiento de mujeres indígenas en México" (PDF).
- ↑ Ley Revolucionaria de Mujeres
- ↑ "Diálogos de Catedral". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2020.
- ↑ "Convención Nacional Indígena". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2020.