Colonia (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Colonia de hidrozoos do xénero Aglaophenia. Obsérvase a estrutura reprodutora denominada córbula.

Unha colonia, en bioloxía, é un termo utilizado amplamente como un grupo de seres vivos organizados baixo bases cooperativas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Moitos invertebrados inferiores son coloniais, como moitos hidrozoos e antozoos (corais), ou os briozoos; diversos individuos, chamados zooides, viven máis ou menos fusionados e, nalgúns casos, existen diversos tipos de zooides especializados en diferentes funcións (alimentación, defensa, reprodución).

No caso dos insectos sociais como as abellas, formigas, térmites ou avispas, os individuos son independentes, pero non poden sobrevivir fóra da colonia; existen castes con especialización de traballos, así como un niño, que pode ser un formigueiro, un oco de árbore, un termitero, unha colmea rústica ou unha colmea semiartificial, como as que utiliza o apicultor. No caso das abellas melíferas cando o apicultor as traslada aos seus caixóns falamos de colmea. A colmea é a suma do material vivo (abellas), máis os caixóns onde se confinan as mesmas; na natureza, a colonia ocupa un oco dunha árbore, gretas ou cavernas en roca, ou elementos que o home construíu (recipientes, construcións, etc.).

Tipos de colonias[editar | editar a fonte]

Colonia de organismos unicelulares[editar | editar a fonte]

Unha colonia celular é un grupo de células con similares características, que actúan en conxunto, coa particularidade de non formar unha unidade estrutural maior ou tecido.

Esta organización obsérvase tanto en organismos unicelulares procariotas como eucariotas.

Hai colonias nas que cada unha das células desempeña todas as funcións dun ser vivo independente, noutros casos, existe un principio de división do traballo, xa que algunhas células poden diferenciarse e converterse en células reprodutoras; este tipo de colonias microbianas pódense conformar biopelículas.

Colonia de organismos pluricelulares[editar | editar a fonte]

Colonias de animais[editar | editar a fonte]

Colonia de abellas[editar | editar a fonte]

A abella doméstica vive en grandes colonias, onde os individuos interactúan intercambiando alimentos e outras sustancias necesarias para a súa vida, e levando diferentes actividades (defensa da colonia, alimentación da cría, procura de alimentos, etc.). As tarefas distribúense entre as diferentes etapas que pasan as abellas obreiras.

Debido ás características do apareamento natural unha colonia de abellas é unha superfamilia (cunha nai común, a raíña) formada por varias subfamilias de obreiras (que teñen o pai en común: cada un dos abázcaros que se aparearon coa raíña). Desta maneira, nun mesmo momento, hai dentro da colonia individuos con diferente grao de parentesco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]