Colocación do produto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A colocación do produto[1], tamén coñecida polo anglicismo Product placement, consiste nunha estratexia publicitaria baseada na introdución dun determinado produto ou unha marca nun soporte audiovisual.

Esta técnica xorde nos Estados Unidos dos anos 30 no eido cinematográfico cun fin narrativo que tras a segunda guerra mundial se ve truncada pola desconfianza que transmitía a publicidade.

Na década dos 70 tivo un gran prestixio pola aparición das axencias especializadas encargadas de buscar e negociar cos creadores das series e filmes.

Entre as características podemos diferenciar as seguintes:

  • Gran exposición: os produtos son visualizados por unha gran cantidade de espectadores, xa que os soportes nos que se presentan teñen unha ampla audiencia.
  • Construción de percepción: créase unha idea acerca do produto na mente do espectador.
  • Menos intrusivo: o produto incorpórase de maneira sutil, dun xeito menos violento cara ao espectador.
  • Facilidade para crear un vínculo entre o produto e o público.
  • Non é un formato que implique unha gran investimento de diñeiro.

Podemos diferenciar dous tipos de product placement:

  • Pasivo: non hai unha mención nin unha interacción directa co produto por parte dos personaxes. Xeralmente, este tipo desenvólvese a través de carteis ou curtametraxes.
  • Activo: hai unha interacción e relación directa co produto por parte dos personaxes. Esta pode clasificarse á súa vez en dous subtipos:
  1. Por acción, cando hai unha interacción directa por parte dos personaxes pero estes non citan o produto.
  2. Por mención, cando ademais de haber unha interacción directa por parte dos personaxes co produto, estes menciónano.

Notas[editar | editar a fonte]