Aerodramus sawtelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Collocalia sawtelli»)

Aerodramus sawtelli
Salangana das Cook
Salangana de Atiu
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Subfamilia: Apodinae
Tribo: Collocaliini
Xénero: Aerodramus
Especie: A. sawtelli
Nome binomial
Aerodramus sawtelli
Holyoak, 1974
Sinonimia
  • Collocalia sawtelli
    (Holyoak, 1974)
  • Aerodramus leucophaeus sawtelli (Holyoak, 1974)

Aerodramus sawtelli, denominada kōpeka na lingua maorí das Illas Cook,[2] de onde é orixinaria, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (salanganas), unha das integradas no xénero Aerodramus.[1][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1974 polo científico británico David Holyoak.[4]

Historia taxonómoca[editar | editar a fonte]

Anteriormente foi coñecido como Collocalia sawtelli,[5] e como a subespecie Aerodramus leucophaeus sawtelli (Holyoak, 1974).

Características[editar | editar a fonte]

É unha ave escura e veloz voadora. Mide 10 cm de lonxitude, e é de cor café escuro polas partes superiores, e lixeiramente máis claro polas inferiores.[6]

Distribución e poboación[editar | editar a fonte]

Parella de Aerodramus sawtelli.

A especie está restrinxida á illa de Atiu, no arquipélago das Cook, aínda que existe un posíbel rexistro histórico temperán en Mitiaro.[7]

Cando se recolectou en 1973 na cova Anatakitaki había preto de 60 niños, e os habitantes locais informaron que había algunhas colonias máis pequenas noutras partes da illa.[4]

Segundo observadores locais a poboación da especie eran maiores hai varias décadas.[8]

En 1987-1988, un reconto detallado rexistrou 190 niños activos en dúas covas.[9] En 1994 e 1995 realizáronse recontos adicionais e, aínda que o número de niños activos en cada cova varía de ano en ano, os totais mantivéronse estábeis entre os 172 e os 175.[10]

Hábitat e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Endémica da illa de Atiu, nas Illas Cook, o seu hábitat natural son as matogueiras tropicais e zonas mixtas cultivadas, onde se alimenta, e aniña nas covas calcarias da zona.[11]

A especie ten o seu hábitat en bosques, zonas de fentos, terras de cultivo, e áreas mixtas de horticultura, pero evita o anel de coral seco (makatea) de Atiu. Estas aves vense con maior frecuencia alimentándose a 3-5 m do solo, aínda que ocasionalmente descenden aos bordos de árbores ou arbustos.[12]

A especie aniña en colonias en covas de pedra calcaria de makatea.[13]

Status[editar | editar a fonte]

Aínda que está case en perigo de extinción, a súa poboación é estábel, calculándose en 350 individuos adultos e un pouco máis de 170 niños por ano.[14].

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC), considerando que a especie ten unha poboación pequena, confinada nunha illa, e que se reproduce en covas e, polo tanto, é susceptíbel a eventos estocásticos e a accións, cualifícaa como VU (vulneábel). De demostrase que a poboación está en declive, podería xustificar o paso a unha categoría de ameaza máis alta.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016): Aerodramus sawtelli na Lista vermella da UICN.
  2. "Cook Islands Biodiversity& Natural Heritage". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  3. Ver Aerodramus na páxina Order Apodiformes na IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 1 de outubro de 2019.
  4. 4,0 4,1 Holyoak, D. T. (1974): "Undescribed land birds from the Cook Islands, Pacific Ocean". Bulletin of the British Ornithologists' Club '94: 145-150.
  5. Collocalia sawtelli en Birds.
  6. Josep del Hoyo 2014.
  7. Steadman, D. W. (1989): "Extinctions of birds in Eastern Polynesia: a review of the records and comparisons with other Pacific Island Groups". Journal of Archaeological Science 16: 177-205.
  8. Rongo, T. & Dyer, C. (2014): Using local knowledge to understand climate variability in the Cook Islands. Avarua, Rarotonga, Cook Islands: Government of the Cook Islands Arquivado 01 de outubro de 2019 en Wayback Machine.. 55 pp.
  9. Tarburton, M. K. (1990): "Breeding biology of the Atiu Swiftlet". Emu 90: 175-179.
  10. McCormack, G. (1997): "Cook Islands: an oceanic oasis". World Birdwatch 19: 13-16.
  11. [https://web.archive.org/web/20090104141759/http://www.birdlife.org/datazone/search/species_search.html?action=SpcHTMDetails.asp&sid=1730&m=0 Arquivado 04 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. Ficha en BirdLife International].
  12. Fullard, J. H.; Barclay, R. M. R. & Thomas, D. W. (2010): "Observations on the behavioural ecology of the Atiu Swiftlet Aerodramus sawtelli". Bird Conservation International 20 (4): 385-391.
  13. Pratt, H. D.; Bruner, P. L. & Berrett, D. G. (1987): A field guide to the birds of Hawaii and the tropical Pacific. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6910-2399-1.
  14. "birdlife.org". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]