Collocalia dodgei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Collocalia dodgei
Salangana de Borneo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Tribo: Collocaliini
Xénero: Collocalia
Especie: C. dodgei
Nome binomial
Collocalia dodgei
Richmond, 1905
Sinonimia
  • Véxase o texto

Collocalia linchi, coñecida vilgarmente como salangana de Borneo, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos,que inclúe ás salanganas,[1] unha das catro integradas no xénero Collocalia.

Endémica do monte Kinabalu de Sabah, no norte de Borneo,[2][3][4] é unha especie que, como todas as salanganas, se alimenta de insectos que apaña en voo, que se refuxia para descansar e durmir e que nidifica en covas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1905 polo ornitólogo estadounidense Charles Wallace Richmond, co nome actualmente válido, Collocalia dodgei.[2][3]

Variacións taxonómicas[editar | editar a fonte]

Algúns autores aínda considérana unha subespecie de Collocalia esculenta ou de Collocalia linchi,[3][5][6] pero en 2008 separouse desta último como especie completa C. dodgei.[7][8]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Collocalia.

O epíteto específico, dodgei, é en honra a H. D. Dodge, que recolleu un exemplar no monte Kinabalu en Borneo.[9][10]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Non se recoñecen subespecies.[2]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

  • Collocalia esculenta dodgei Richmond, 1905
  • Collocalia linchi dodgei Richmond, 1905

Características[editar | editar a fonte]

Duns 10 cm de lonxitude, é unha salangana coas ás relativamente curtas e co final da cola cadrada, non fendida.[11] A súa plumaxe é de cor gris brillante a negra brillante nas partes superiores, e as inferores abrancazadas. En comparación con Collocalia esculenta, que tamén se encontra en Borneo, é un pouco máis pequena, e cun brillo verdoso, máis que azulado, e coas plumas sen manchas brancas.[4]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Pode verse principalmente ao redor do macizo do monte Kinabalu, aínda que hai un rexistro da cordilleira Maligan do centro-sur de Sabah. Atopouse aniñando nunha cova a 2 370 m sobre o nivel do mar en Kinabalu.[4]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Descoñecido. Trátase dunha ave é moi rara e o taxon non o recoñece BirdLife International,[12] e, polo tanto, non se menciona na Lista vermella da UICN.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  2. 2,0 2,1 2,2 Ver Collocalia dodgei Richmond, 1905 na páxina Order Apodiformes na IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 26 de outubro de 2019.
  3. 3,0 3,1 3,2 Salangana Linchi (dodgei). Collocalia dodgei Richmond, 1905 en AviBase.
  4. 4,0 4,1 4,2 Phillipps, Quentin; & Phillipps, Karen (2011). Phillipps’ Field Guide to the Birds of Borneo. Oxford, UK: John Beaufoy Publishing. ISBN 978-1-906780-56-2. 
  5. Clements, J. F.: eBird/Clements checklist of birds of the world. Cornell Lab of Ornithology. en BioLib.
  6. Collocalia linchi dodgei Richmond, 1905] no ITIS.
  7. "Collocalia linchi". Species factsheet. BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 07-10-2007. Consultado o 26 de outubro de 2019. 
  8. Moyle, R. G.; Hosner, P. A.; Nais, J.; Lakim, M. & Sheldon, F. H. (2008). "Taxonomic status of the Kinabalu ‘linchi’ swiftlet". Bulletin of the British Ornithologists' Club 128: 94–100. 
  9. Richmond, Charles Wallace (1905). "Description of a new swiftlet from Mount Kina Balu, Borneo". Smithsonian Miscellaneous Collections 47: 431–432. 
  10. Peters, James Lee, ed. (1940). Check-list of Birds of the World. Volume 4. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 230. 
  11. del Hoyo, Josep et al. 1999.
  12. Collocalia dodgei en BirdLife International.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, Josep; Andrew Elliott, Jordi Sargatal e Nigel J. Collar (1999): Handbook of the Birds of the World, Vol. 5: Barn-Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
  • del Hoyo, Josep; Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
  • Rheindt, Frank E.; Christidis, Les; Norman, Janette A.; Eaton, James A.; Sadanandan, Keren R.; Schodde, Richard (2017). "Speciation in Indo-Pacific swiftlets (Aves: Apodidae): integrating molecular and phenotypic data for a new provisional taxonomy of the Collocalia esculenta complex". Zootaxa 4250 (5): 401–433. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]