Saltar ao contido

Colisión aérea no río Potomac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colisión aérea no río Potomac
Imaxe
 Instancia de
 Causado por
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
 Investigado por
Características
 Nave
Datas
 Data
29 de xaneiro de 2025 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Situado en
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
Participantes60
4
3 Editar o valor en Wikidata
Mortes67 Editar o valor en Wikidata
Superviventes0 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Número de vooOH5342, AA5342, AAL5342, JIA5342 e PAT25 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O 29 de xaneiro de 2025 un avión de pasaxeiros Bombardier CRJ701ER operando o voo 5342 de PSA Airlines (comercializado como voo 5342 de American Eagle en nome de American Airlines) chocou cun helicóptero Sikorsky UH-60 Black Hawk do Exército dos Estados Unidos cando estaba na aproximación final ao aeroporto nacional Ronald Reagan de Washington no condado de Arlington, Virxinia.[1][2][3] Os dous aparellos caeron ao río Potomac tras a colisión no aire, matando aos 67 ocupantes dos dous aparellos.[4]

É o primeiro accidente con vítimas mortais de American Airlines dende o voo 587 o 12 de novembro de 2001;[5] o primeiro con mortos dun avión de pasaxeiros con rexistro civil estadounidense dende o voo 3407 Colgan Air o 12 de febreiro de 2009;[6] o primeiro accidente fatal dunha aeronave de pasaxeiros nos Estados Unidos dende o voo 214 de Asiana Airlines o 6 de xullo de 2013; e o primeiro grande accidente dun avión civil en 2025.[7]

O CRJ accidentado en 2022

O avión que operaba o voo 5342 de PSA Airlines era un Bombardier CRJ-701ER, un reactor rexional usado habitualmente para voos de curto a medio alcance. O aparello fora fabricado en setembro de 2004 e estaba rexistrado como N709PS. O avión fora transferido a American Eagle en decembro de 2013 tras a fusión de US Airways e American Airlines.[8][9] O voo, operado por PSA Airlines, saíu de Wichita, Kansas, e estaba de camiño ao aeroporto nacional Ronald Reagan de Washington (DCA).

O helicóptero accidentado fotografado en 2018

O helicóptero, un Sikorsky UH-60 Black Hawk con rexistro 00-26860,[10] estaba operado polo Exército dos Estados Unidos baixo o indicativo PAT25, indicando un voo de Transporte Aéreo Prioritario usado normalmente para executivos ou altos cargos dos Estados Unidos.[1][11] Porén, no momento do accidente non había altos cargos a bordo.[1] O helicóptero, que pertencía á Compañía B do 12° Batallón de Aviación, saíra de Fort Belvoir, Virxinia, e estaba nun voo de adestramento cando ocorreu a colisión.[1][12]

Pasaxeiros e tripulacións

[editar | editar a fonte]

O avión de pasaxeiros levaba 60 pasaxeiros e 4 tripulantes, e o helicóptero tiña unha tripulación de 3 militares.[13]

O capitán do CRJ, Jonathan Campos, traballara seis anos na aeroliña, e o primeiro oficial, Samuel Lilley, dous anos.[14]

No helicóptero voaban tres membros do Exército:

  • A capitá Rebecca Lobach, de 28 e procedente de Durham, Carolina do Norte, pilotaba o aparello e estaba realizando o seu voo nocturno de avaliación anual. No momento do accidente tiña máis de 450 horas de voo.[15][16]
  • Un avaliador para a piloto, o suboficial xefe de grao 2 Andrew Eaves, de 39 anos e procedente de Great Mills, Maryland, que era o piloto supervisor.[17]
  • O xefe da tripulación, o sarxento de persoal Ryan O'Hara, de 29 anos e procedente de Lilburn, Xeorxia.[18][19]
  1. 1 2 3 4 Tsui, Helen Regan, Taylor Romine, Dalia Faheid, Jamiel Lynch, Amir Vera, Hanna Park, Karina (2025-01-30). "Live updates: American Airlines plane, Black Hawk helicopter collide near Washington, DC; no survivors recovered". CNN (en inglés). Consultado o 2025-01-30.
  2. "Playback of flight AA5342". Flightradar24 (en inglés). Consultado o 2025-01-30.
  3. "FAA Statements on Aviation Accidents and Incidents". FAA. Consultado o 30 de xaneiro de 2025.
  4. "Midair collision kills 67 people in the deadliest US air disaster in almost a quarter century". AP News (en inglés). 2025-01-30. Consultado o 2025-01-31.
  5. "American Airlines crash in Washington, D.C., may be carrier’s worst disaster in two decades". Fort Worth Star-Telegram. Consultado o 30 de xaneiro de 2025.
  6. Hardee, Howard; Hemmerdinger, Jon; Finnerty, Ryan. "Midair collision likely first fatal accident involving US airline since 2009 Colgan Air crash". Flight Global (en inglés). Consultado o 2025-01-30.
  7. "DC plane crash marks first major commercial crash in US since Buffalo crash in 2009". ABC News (en inglés). Consultado o 2025-01-30.
  8. Knox, Brady (2025-01-30). "Potomac plane crash: Rescue operation underway near Reagan airport - Washington Examiner" (en inglés). Consultado o 2025-01-30.
  9. "Reagan National Halts Flights Amid CRJ Crash". airwaysmag.com. Consultado o 2025-01-30.
  10. Charpentreau, Clément (2025-01-30). "American Eagle Flight 5342 crash: What we know so far". www.aerotime.aero (en inglés). Consultado o 2025-01-30.
  11. Stabley, Matthew; Swalec • •, Andrea (2025-01-29). "American Airlines flight collides with Army helicopter near Reagan National, more than 30 bodies recovered". NBC4 Washington (en inglés). Consultado o 2025-01-30.
  12. Meyer, Thao Nguyen, Joey Garrison, Swapna Venugopal Ramaswamy, Alice Mannette, Kathleen Wong, Davis Winkie, N'dea Yancey-Bragg, Zach Wichter and Josh. "Plane collides with helicopter, crashes into DC river; bodies reportedly recovered". USA TODAY (en inglés). Consultado o 2025-01-30.
  13. "No survivors expected after plane collides with helicopter over Potomac River". NBC News (en inglés). 2025-01-30. Consultado o 2025-01-31.
  14. Harvey, Helen Regan, Taylor Romine, Dalia Faheid, Jamiel Lynch, Amir Vera, Hanna Park, Karina Tsui, Antoinette Radford, Chris Boyette, Andy Rose, Lauren Mascarenhas, Elise Hammond, Christina Zdanowicz, Lex (2025-01-30). "January 30, 2025: DC plane collision news". CNN (en inglés). Consultado o 2025-01-31.
  15. "Army releases name of 3rd soldier who died in helicopter and airliner crash". AP News (en inglés). 2025-02-01. Consultado o 2025-02-02.
  16. "One of 3 soldiers aboard Black Hawk chopper involved in midair collision identified as longtime aviation officer - CBS News". www.cbsnews.com (en inglés). 2025-02-01. Consultado o 2025-02-02.
  17. Schmitt, Eric; Cooper, Helene (2025-01-31). "Army Withholds Identity of Helicopter Pilot Killed in Crash". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-02-02.
  18. Beveridge, Lici. "Black Hawk pilot from Mississippi killed in DC plane-helicopter crash". The Clarion-Ledger (en inglés). Consultado o 2025-02-02.
  19. Tanyos, Faris; Czachor, Emily Mae; Freiman, Jordan (2025-02-01). "What we know about the American Airlines plane and Army helicopter crash over D.C.'s Potomac River - CBS News". www.cbsnews.com (en inglés). Consultado o 2025-02-02.