Saltar ao contido

Colexiata de Santiago de Cangas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colexiata de Santiago de Cangas
Cangas Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Estilo
Persoas e organizacións
 Diocese
 Dedicado a
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 5921
Wikidata C:Commons

A antiga Colexiata de Cangas é un templo relixioso da vila de Cangas. A maior parte da construción data do século XVI, aínda que se cre que o primitivo templo se remonta polo menos un século máis atrás. Durante case 500 anos padeceu modificacións e contribucións de cada época e estilo, sufriu modificacións en 1585 e entre 1901-1921.

Descoñécese a data exacta da construción anterior á que hoxe se conserva. A actual data de principio do século XVI. Erixiuse polo papa Paulo III, en 1545, ao rango de Colexiata de Santiago de Cangas. A fachada, a parte máis valorada do edificio, porén, non se levantou até 1585, sendo proxectada por Xácome Fernández. A torre distribuída en dous corpo é do século XVIII.

Características

[editar | editar a fonte]

Trátase dun templo con planta de cruz latina de tres naves. O cruceiro dunha soa nave moi ancha, posúe uns brazos pouco profundos. Carece de ciborio e, no seu lugar, érguese un eirado balaustrado e profusamente decorado. Abundan, tamén, os contrafortes que sosteñen as presións das bóvedas interiores.

No perímetro dos tellados atópase a presenza de gárgolas labradas de xeito realista.

No que a súa fachada se refire, é unha das mellores mostras da arquitectura e escultura renacentistas de toda Galiza. A ornamentación escultórica do frontón da fachada remite a tema bíblicos —coma a Anunciación— e representa tamén varios anxos. Existe unha figura dun bispo. As esculturas están danadas pola erosión e as inclemencias meteorolóxicas que borraron os principais trazos das esculturas. Sobre a súa única porta de entrada ten un grande rosetón e en ambos os lados uns contrafortes. Na parte dereita da fachada áchase a torre edificada durante o século XVIII.

O interior atópase dividido en tres naves de grande altura, divididas por vieiros e columnatas de orde xónica. A nave central péchase con bóvedas de cruzaría sexpartitas. Mentres, as naves laterais cóbrense con bóvedas de cruzaría cuadripartitas. Todas estas cubertas tende ao apuntamento gótico, mais sen chegar a esaxeralo. A ornamentación interna dos nervios tamén remite ao gótico flamíxero.

O cruceiro dispón dunha soa nave, tan ancha coma a nave central do tramo principal. Cóbrese, como esta, con bóvedas de cruzaría sexpartitas.

A colexiata conta cunha capela maior cun retablo barroco do ano 1744 e outras capelas laterais con tallas de gran valor artístico, entre os piares acaroados, reflexo interno dos contrafortes externos.

En talla, salienta a figura do Cristo do Consolo executada por Juan Pintos en 1796.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]