Colexiata de Santa María a Real do Sar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colexiata de Santa María a Real do Sar
Resto do claustro romanico Colexiata de Sar.JPG
Restos do claustro románico entre os contrafortes da igrexa.
Coordenadas 42°52′21″N 8°32′13″O / 42.872439, -8.536989Coordenadas: 42°52′21″N 8°32′13″O / 42.872439, -8.536989

A colexiata de Santa María a Real do Sar[1] é un templo románico e casa de cóengos anexa fundado como mosteiro da regra de Santo Agostiño a carón do río Sar, no concello de Santiago de Compostela.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado por Munio Afonso, bispo dimisionario da diocese de Mondoñedo e antigo colaborador de Diego Xelmírez, quen rematou a obra trala morte de Munio en 1136. A construción comezou pola cabeceira, ao mesmo tempo que se traballaba tamén nos muros do perímetro. Porén, o proceso foi lento e complexo e precisou de importantes modificacións e reconstrucións nos séculos XVI, XVIII e XX.

Capela maior da igrexa.

A función do cenobio era a de servir de lugar no que os vellos cóengos puidesen retirarse, e para iso concedíanselle xenerosos privilexios e doazóns que fixeron que a institución funcionase ata o século XVII comezando a partir de entón un lento proceso de declive, para transformarse en templo parroquial no ano 1867.

Descrición[editar | editar a fonte]

O trazo máis sobranceiro deste edificio e o que o fai singular entre todos os de Galicia é a fortuíta e pronunciada inclinación dos seus muros e piares. Paralelo ao muro sur do templo consérvase parte dun dos lados do claustro medieval, destacado exemplo do románico compostelán de tempos do arcebispo Xoán Arias. Na igrexa e no claustro consérvase unha importante colección de sarcófagos, sendo o máis antigo o do arcebispo Bernardo que, retirado en Sar, morreu no ano 1240.

Interior.

No interior do templo atópase o Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar con pezas que amosan a vida desta comunidade monástica ao longo dos séculos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]