Colette Cavanagh
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de novembro de 1998 |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Nacionalidade deportiva | Escocia |
| Deporte | fútbol |
| Posición de xogo | Centrocampista |
Colette Cavanagh, nada en Glasgow o 24 de novembro de 1998, é unha futbolista escocesa que xoga como centrocampista no Ipswich Town, da Women's Super League 2.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista nas canteiras do Rossvale e do Celtic FC, debutando co primeiro equipo deste último con só 16 anos.[1] En 2016 mudouse a Edimburgo para estudar na Universidade de Edimburgo e fichou polo Spartans. Volveu brevemente ao Celtic en 2018 antes de fichar polo Hibernian, co que gañou a Copa da Premier League Escocesa. Como xogadora dos Hibs, gañou o premio á Xogadora do Mes da liga en setembro de 2021,[2] converténdose na primeira xogadora en gañar o premio con dous clubs diferentes (o primeiro fora co Celtic en maio de 2018),[3] e en 2022 foi incluída no primeiro Equipo Feminino do Ano da PFA de Escocia.[4][5]
En xullo de 2022 fichou polo Rangers,[6] co que marcou 6 goles en 11 partidos e gañou unha segunda Copa da Liga, ademais da Copa de Glasgow,[7] Nas tempadas 2023/24 e 2024/25 volveu militar no Celtic.
En xullo de 2025 deixou Escocia e instalouse en Galicia, onde fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira División.[8] No conxunto galego apenas tivo participación, a pesar da saída de Sara Extremera a Badalona e da lesión de longa duración de Paula Monteagudo.[9] O adestrador Fran Alonso concedeulle só 33 minutos en liga, repartidos en catro partidos, ademais dun encontro da Copa da Raíña. En xaneiro de 2026 anunciouse o seu traspaso ao Ipswich Town, derradeiro clasificado na segunda división inglesa.[9]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Hibernian
- Copa da Premier League de Escocia (1): 2019.
- Rangers
- Copa da Premier League de Escocia (1): 2022/23.
- Copa de Glasgow (1): 2022.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Magnificent Seven from Celtic Women's team" (en inglés). 13 de abril de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2025.
- ↑ "Celtic Women’s Colette Cavanagh is #SBSSWPL Player of the Month" (en inglés). 18 de xuño de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2025.
- ↑ "Celtic Women’s Colette Cavanagh is #SBSSWPL Player of the Month". shekicks.net.
- ↑ "Colette Cavanagh: Hibs midfielder named in inaugural PFA Scotland Women's Team of the Year" (en inglés). 27 de abril de 2022. Consultado o 12 de xullo de 2025.
- ↑ "Your inaugural @PFAScotland Women's Team of the Year". x.com (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2025.
- ↑ "Rangers Sign Colette Cavanagh" (en inglés). 20 de xullo de 2022. Consultado o 12 de xullo de 2025.
- ↑ "Colette Cavanagh completes return to Celtic FC Women" (en inglés). 29 de xuño de 2023. Consultado o 12 de xullo de 2025.
- ↑ "Colette Cavanagh, nova xogadora do Dépor ABANCA". 9 de xullo de 2025. Consultado o 12 de xullo de 2025.
- 1 2 Arrizado, Bea (19 de xaneiro de 2026). "El Deportivo anuncia la salida de Colette Cavanagh". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2026.