Colección de fotografía Fernández de la Cigoña Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Monte do Castro na primeira fotografía coñecida de Vigo, de 1867.

A colección de fotografía antiga “Fernández de la Cigoña Barreiro” conformouse polo matrimonio Salvador Fernández de la Cigoña e Belén Barreiro Iglesias ao longo de máis de dúas décadas. Nesta colección cóntase con pezas antigas de fotógrafos españois e estranxeiros do século XIX e XX: Hauser y Menet, Grafos, Fototipia Tomas, P. Z., Luciano Roisin, Colección Cánovas, Edicións Arribas, García Garrabella, así como de fotógrafos locais galegos como Felipe Prósperi, Cándida Otero, L. Novoa, José Gil, Eugenio Krapf, Sarabia, Ángel Llanos, Jaime Pacheco, Pedro Ferrer

Está composta por mais de 4 000 pezas[1] de fotografía, ambrotipos, gelatino bromuro, fotografías albumina, fototipias e negativos en película, todas elas antigas, desde 1867 ata finais dos sesenta do século XX. A maior parte das pezas correspóndense con imaxes de finais do século XIX e as tres primeiras décadas do século XX. Ten vistas das poboacións e as súas rúas, as tradicións como as procesións ou o Corpus Christi, pasando por retratos de persoas ata os establecementos públicos. Algunhas postais están escritas por persoas relevantes da cultura viguesa como Luís Taboada ou Pío Lino Cuíñas.

Conten fotografías como a máis antiga coñecida de Vigo, de 1867.[1] Outra das pezas relevantes e unha das escasas vistas que se conservan das murallas da cidade olívica, neste caso desde o Berbés (c. 1890) ou a da albumina do Monte da Picaraña (Ponteareas) no século XIX.[2] Moitas das fotografías son testemuños de persoas que pasaron por Vigo, como as tomadas pola tripulación dun U-Boot retida no Porto de Vigo na Segunda guerra mundial ou as que tomaron a tripulación do buque alemán Emden en Vilagarcía de Arousa no nadal de 1928. Non faltan varias decenas de fotografías tomadas por membros da Lexión Cóndor en Vigo en maio de 1939.

O acceso os seus fondos non e público.

Notas[editar | editar a fonte]