Didáctica, Metodoloxía e Materiais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Didáctica, Metodoloxía e Materiais foi unha colección de libros editados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da entón Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Dedicada a calquera tipo de materiais que puidesen axudar a impartir clases en galego, dende estudos literarios e guías de comentarios de texto a modelos lingüísticos de conxugación verbal, foi un fito na normalización terminolóxica galega debido a que os seus libros máis centrados en labores lexicográficos foron moi innovadores en temática, calidade e cantidade.

Uns exemplos disto son os seguintes títulos:

Título Autor(es) Ano ISBN
Vocabulario comercial
(no interior, Vocabulario comercial básico)
Ana Isabel Boullón Agrelo,
Carlos Díaz Abraira e
Mercedes Penoucos Castiñeiras
1988 84-453-0003-2
Vocabulario do medio agrícola
(no interior, O medio agrícola)
Inés Ruibal Cendón, Xermán García Cancela e
Xosé Torres Romar
1988 sen ISBN
(DL: PO-320/88)
Vocabulario do medio físico
(no interior, Vocabulario sobre "o medio físico e o asentamento humano")
Manuel Carlos Núñez Singala, Benigno Fernández Salgado e
María Xesús Miramontes Castro
1988 sen ISBN
(DL: PO-305/88)
Vocabulario dos deportes Paulino Novo Folgueira 1988 84-453-0002-4
Vocabulario de tabernas, bares e cafeterías Antonio Puentes Chao,
Alexandre Rodríguez Guerra e
Francisco Xabier Varela Barreiro
1991 84-453-0242-6
Vocabulario de restaurantes Antonio Puentes Chao,
Alexandre Rodríguez Guerra e
Francisco Xabier Varela Barreiro
1991 84-453-0243-4
Vocabulario de cócteles Antonio Novo Salgado 1991 84-453-0244-2
Vocabulario da electricidade e electrónica Ricardo Fernández Sabín 1991 84-453-0262-9 *
Vocabulario das ciencias naturais Andrés Sanjuán López 1991 84-453-0262-0 *
Diccionario galego de xeografía Xosé María Fandiño Martínez,
Carlos Ferrás Sexto,
Francisco Xabier Méndez Martínez e
María Pilar Tobar Quintanar
1993 84-453-0643-X
Diccionario galego de banca Ánxeles Carballo Martínez e
Benxamín Dosil López
1993 84-453-0945-5

* : Algún destes dous está mal segundo a normalización do ISBN