Colapso da función de onda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En certas interpretacións da mecánica cuántica, o colapso da onda é un dos dous procesos polo cal un sistema cuántico evolúe aparentemente de acordo coas leis da mecánica cuántica. Isto é tamén coñecido como colapso do vector de estado.

Características[editar | editar a fonte]

A existencia do colapso da función de onda e necesario:

Por outra banda, o colapso non ocorre en:

No xeral, sistemas cuánticos existen como a superposición de estados fundamentais, e evolúen no tempo segundo a ecuación de Schrödinger, a cal é un dos dous procesos mencionados no comezo deste artigo – un proceso incluído en todas as interpretacións. A contribución de cada estado fundamental para toda función de onda chámase amplitude. Con todo, cando colapsa a función de onda, o cal é outro proceso, na perspectiva dun observador o estado parece "pular" para un dos estados fundamentais e unicamente adquirir o valor das propiedades medidas que son asociadas con aquel estado fundamental en particular.

Tendo realizado a medición de nun sistema observábel A, a probabilidade de colapsar para un autoestado particular de A é directamente proporcional a raíz cadrada do modulo da amplitude (xeralmente complexa) asociada coa el. Por consecuente, en experimentos tales como dupla fenda cada fotón individual chega a un punto discreto da tea, mais como máis e máis fotóns son acumulados, eles forman un padrón de interferencia xeral. Após o colapso, o sistema evoluirá de acordo coa ecuación de Schrödinger.

O grupo de fenómenos descrito pola expresión colapso da función de onda é un problema fundamental na interpretación da mecánica cuántica como problema da medición. O problema non foi realmente confrontado pola interpretación de Copenhaguen a cal simplemente postula que esta é unha característica especial do proceso de "medición". A interpretación de moitos mundos de Everett contornou o problema descartando o proceso de colapso, pola reformulación da relación entre o aparato de medición e o sistema.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]