Cogomelo da palla
| Cogomelo da palla | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Volvariella volvacea Rolf Singer 1951 | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Sinonimia
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
Volvariella volvacea (coñecido como cogomelo da palla) é unha especie de fungo comestible cultivado amplamente no leste e sueste de Asia e usado na súa culinaria.
Nomes
[editar | editar a fonte]En chinés, son chamados cǎogū (草菇, lit. "palla champiñón");[1] en Filipinas son coñecidos como kabuteng saging (fungo de banana); en thai chámanse het fang (เห็ดฟาง) e en vietnamita son chamados nấm rơm. En Asia é fácil conseguilos frescos, mais fóra dos países de cultivo véndense enlatados ou secos.
Cultivo
[editar | editar a fonte]Estes fungos son cultivados en camas de palla de arroz e colleitados inmaturos, durante a fase de botón ou "ovo" e antes de que se abra o veo.[2] Son adaptables e necesitan de 4 a 5 días para madurar. Cultívanse en climas subtropicais, con alta pluviosidade anual. Non se coñecen rexistros do seu cultivo anteriores ao século XIX.[1]
Precaución
[editar | editar a fonte]Parécese ao fungo velenoso Amanita phalloides, pero pode distinguirse porque a esporada da especie velenosa é branca e a da especie comestible é rosada. A súa confusión provocou algunhas intoxicacións en persoas tanto en California como en Australia, por exemplo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Hsiung, Deh-Ta (2006). The Chinese Kitchen: 186–187. London: Kyle Cathie Ltd. ISBN 1-85626-702-4
- ↑ Li, G.S.F. (1992) "Morphology of Volvariella volvacea"; Shu-ting Chang & T. H. Quimio Tropical Mushrooms, Biological Nature and Cultivation Methods: 119-138.
- ↑ Fisher, David W. (2004) The Death Cap Amanita phalloides, The World's Most Dangerous Mushroom Arquivado 20 de decembro de 2015 en Wayback Machine.; AmericanMushrooms.