Saltar ao contido

Coendou vossi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coendou vossi é unha especie de mamífero da familia Erethizontidae endémica de Colombia.[1]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Os exemplares de Coendou vossi son orixinarios dos bosques húmidos e secos do val interandino do Magdalena e do Caribe.[1] Habita áreas secas dos departamentos de Caldas, Cesar, Cundinamarca, Santander, Sucre e Tolima.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A diferenza de C. quichua e C. rothschildi con quen se encontra estreitamente relacionado, C. vossi é máis pequeno, medindo entre 26 e 33 cm. A súa cola é máis longa, supoñendo o 70% do seu corpo e facilitando un comportamento arbóreo. As púas de C. vossi son bicolores ou tricolores, sendo máis clara na base, chegando a medir de 27 a 55 mm. Na súa faciana chegan a medir de 5 a 10 mm.[2]

O dorso posúe escasa pelaxe cor marrón escura, máis escura ca as outras especies coas que foi confundido no pasado. O seu cranio é menos alongado.[2]

  1. 1,0 1,1 Ramírez-Chaves, Héctor E; Mazepa, Glib O; Morales-Martínez, Darwin M; Suárez-Castro, Andrés Felipe; Colmenares-Pinzón, Javier E; Pulido-Santacruz, Paola; Noguera-Urbano, Elkin A (2025-01-03). Moratelli, Ricardo, ed. "A review of the Quichua Porcupine Coendou quichua complex (Rodentia: Erethizontidae) with the description of a new species from Colombia". Journal of Mammalogy (en inglés). ISSN 0022-2372. doi:10.1093/jmammal/gyae140. Consultado o 2025-02-07. 
  2. 2,0 2,1 Caicedo, Edwin (2025-02-07). "Descubren en Colombia una nueva especie de puercoespín, el Coendou vossi: ¿cuáles son sus características?". El Tiempo (en castelán). Consultado o 2025-02-07.