Coeficiente de Poisson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O coeficiente de Poisson en física defínese, para un corpo sobre o que se aplica unha carga (forza), como a razón entre a deformación unitaria na dirección na que se aplica a forza e a producida na dirección perpendicular. Recibe o seu nome por Simeon Poisson.

.

O estirar un corpo sólido nunha dirección, provoca en xeral un adelgazamento do mesmo nas dúas direccións perpendiculares. Facendo cálculos sinxelos chégase á seguinte expresión que relaciona a variación relativa do volume do corpo co coeficiente de Poisson:

.

Así para un material incompresíbel, teríase unha razón de Poisson de exactamente 0.5.

Exemplos de valores de [editar | editar a fonte]

  • Aluminio: 0,33
  • Aceiro: 0,2-0,33
  • Formigón: 0,2
  • Chumbo: 0.45
  • Latón: 0,37
  • Vidro: 0,23
  • SiC: 0,17
  • : 0,25