Cobertor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A cama de Henri de Toulouse-Lautrec representa a dúas persoas acochadas, baixo sabas e cobertor.
Variado de cobertores na feira Masaai de Nairobi (Kenya).

Un cobertor[1] é unha peza téxtil de la, cotón etc., en forma de cadrado ou de rectángulo, que se usa fundamentalmente para abrigarse na cama. Tamén pode denominarse manta[2].

Os cobertores úsanse para se protexer do frío, e en especial para se acochar ou arroupar mentres se dorme. Diferéncianse dos edredóns, sobrecamas, sabas e doutros cobertores polo seu grosor. Polo xeral fabrícanse con forma alargada e rectangular.

Tamén forma parte de diversos traxes rexionais de distintos países. O seu uso específico ao longo da historia no comercio e a guerra asociouna como peza complementaria no oficio dos arrieiros e carrexadores de auga e na impedimenta das cabalarías.

Tipos e texturas[editar | editar a fonte]

Moitos dos materiais para fabricar cobertores, como a la, empréganse porque son grosos e polo tanto máis axeitados para a súa feitura, porén tamén se usa o cotón no caso de cobertores máis lenes. Os de la son máis quentes. Os máis comúns son acrílicos, de poliéster, de visón, de cotón e de la. Mais tamén os hai de materiais exóticos coma o gancho afgano ou cubertos de seda. En Galicia os cobertores facíanse a man no tear da casa, especialmente de la. Eran comúns os de cor beixe natural da la, con algunhas liñas ou fitas tinxidas de cores con tinturas naturais.

  • de la de ovella, o tipo máis tradicional e cálido;
  • de cotón en rama tecida cun baño de goma para manter a súa consistencia;
  • de mesturas sintéticas, fabricada con derivados do nailon e outros tecidos sintéticos;
  • de parede, ou tapiz;
  • manta eléctrica, feita con dúas camadas de tecido envolvendo unha resistencia eléctrica, e un cabo de toma de corrente, polo xeral provisto dun regulador de temperatura.
  • manta de retallos, confeccionada a partir de retallos cosidos de cores, debuxos e formas diferentes.
O xantar na herba, (sección dereita) de Claude Monet

Usos[editar | editar a fonte]

Os cobertores teñen sido empregados no exército para durmir, sendo os maiores consumidores de mantas de la de todos os tempos. As mantas militares adoitan ser de cor cinsenta, de la, e bastante grosas. Fornecedores como J. E. Ashworth & Sons e Faribault Woolen Mills fixeron a metade de todos os cobertores empregados nos EUA de todos os tempos.

Cobertores e mantas máis pequenos pódense empregar fóra do leito, por exemplo para se cubrir en sofás e cadeiras de brazos, ou coma obxectos de decoración.

Un dos usos máis populares dos cobertores é o seu uso no chan en xantares campestres (pícnics). O seu uso foi moi popular nas romarías galegas, onde a xente procura lugares con herba e cómodos para emprazar as mantas no chan. Téñense de feito deseñado mantas especialmente para este uso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Portal das Palabras

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]