Coalición por El Bierzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Coalición por el Bierzo»)
Coalición por El Bierzo (CB)
Dirixentes e organización
PresidenteJosé Álvarez García
Secretario xeralIván Alonso Rodríguez
Historia
Fundación2015
Posicións políticas
IdeoloxíaBercianismo
Outros datos
Na rede
www.coalicionporelbierzo.org
Facebook: coalicionporelbierzo Twitter: CoalicionBierzo Instagram: coalicionbierzo Youtube: UCzBxzm5QWIHYrVSn27B8dqg Editar o valor em Wikidata

Coalición por El Bierzo (Coalición polo Bierzo en galego) é unha federación de partidos políticos de ideoloxía bercianista, formada en 2017[1] e que ten a súa orixe nunha coalición e partidos e candidatos independentes que se estableceu para concorrer as eleccións municipais e autonómicas de maio de 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A federación formárona o Partido de El Bierzo, o Partido de la Tierra 7[2], e antigos militantes do MASS, o PSOE e o PP, que se uniron a esta candidatura.

A coalición bateu un récord na historia do bercianismo político ao ser a ocasión na que se presentou o número máis grande de candidaturas na práctica totalidade dos concellos do Bierzo e máis Villablino,[3] un fito que non acontecera antes. A coalición presentou 700 candidaturas[4] en 39 concellos e 11 pedanías.[5][6]

Entre os seus candidatos tivo unha octoxenaria, que foi a candidata máis lonxeva da provincia de León nestas eleccións.[7]

Os seus líderes máis visibles son Pedro Muñoz Férnandez, candidato á alcaldía no concello de Ponferrada,[8] Iván Alonso, secretario xeral do PB e segunda na lista á alcaldía de Ponferrada, e a súa voceira Raquel Díaz.

Os resultados de Coalición por El Bierzo nas eleccións autonómicas e municipais de 2015 foron os mellores resultados electorais que o bercianismo obtivo ata a data dende a súa fundación. A nivel municipal, CB obtivo 7.847 votos e 39 concelleiros,[9] dúas alcaldías, presenza en 23 concellos bercianos, dous concelleiros no Consello Comarcal do Bierzo, e ademais obtivo un deputado provincial na Deputación de León. Nas eleccións autonómicas, malia os 5.026 votos, o partido non obtivo representación nas Cortes de Castela e León.[10]

Nas eleccións municipais celebradas o 26 de maio de 2019, Coalición por el Bierzo obtivo 5.587 votos (2,12% do voto provincial) e 25 concelleiros, o cal significa que os resultados do partido foron máis baixos que aqueles conseguidos catro anos antes en 2015.[11]

En marzo de 2021, aproveitando o bicentenario da creación da Provincia do Bierzo, o BNG, a pedimento de CB, presentou unha Proposta Non de Lei no Parlamento galego para incorporar ao Bierzo como unha provincia máis a Galicia.[12] A proposta foi rexeitada polo Parlamento de Galicia en abril dese ano[13].

Nas eleccións autonómicas de Castela e León no ano 2022, CB presentouse xunto á plataforma O Bierzo Existe nunha candidatura conxunta encabezada polo secretario de organización de CB, Raúl Rodríguez Canca.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estatutos de la Federación de Partidos Coalición por El Bierzo". coalicionporelbierzo.org. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2022. Consultado o 22 de xaneiro de 2022. 
  2. http://www.leonoticias.com/frontend/leonoticias/Coalicion-Por-El-Bierzo-Presenta-Sus-Candidatos-A-La-Alcaldi-vn170802-vst443
  3. http://www.infobierzo.com/coalicion-por-el-bierzo-completa-sobre-la-bocina-sus-candidaturas-en-todos-los-municipios-del-bierzo-y-en-villablino/170406/
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 26 de abril de 2015. 
  5. http://www.leonoticias.com/frontend/leonoticias/En-El-35-De-Las-Pedanias-Del-Bierzo-Apuesta-Por-Una-Candida-vn173261-vst472
  6. http://www.icalnews.com/Mostrar.cfm/noticias/I/coalicion/bierzo/presenta/candidaturas/39/ayuntamientos/comarca/villablino/334384
  7. http://www.elbierzonoticias.com/frontend/bierzo/Cabeza-De-Lista-A-Los-79-Anos-vn26438-vst1479
  8. http://www.elbierzodigital.com/coalicion-por-el-bierzo-se-presenta-con-33-candidaturas/80003
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2015. Consultado o 01 de xuño de 2015. 
  10. http://resultados.elpais.com/elecciones/autonomicas-municipales.html
  11. PAÍS, Ediciones EL. "Resultados Electorales en León: Elecciones Municipales 2019". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2019-06-01. 
  12. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2021/01/28/bierzo-trae-parlamento-debate-sobre-antigua-provincia-anexion-galicia/00031611838385404331692.htm
  13. https://www.leonoticias.com/bierzo/parlamento-galicia-rechaza-20210414143304-nt.html
  14. https://www.infobierzo.com/cb-y-el-bierzo-existe-juntos-en-su-candidatura-a-las-elecciones-de-castilla-y-leon/646467/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]