Saltar ao contido

Cluedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cluedo
OrixeReino Unido
EditorialMiro Company
Lingualingua inglesa
Na rede
http://www.hasbro.com/clue/
editar datos en Wikidata ]
Logo de Cluedo.

Cluedo é un xogo de mesa no que os participantes teñen que resolver un crime ficticio empregando a súa capacidade de dedución. Alguén cometeu un asasinato e tense que adiviñar o autor, a arma e o cuarto da casa onde aconteceu. Poden xogar entre dous e seis xogadores.[1]

Creado polo inglés Anthony E. Pratt en 1944, o xogo foi editado por primeira vez por Waddingtons en 1949 no Reino Unido.[2] Dende entón e debido ao seu éxito, foi reeditado e actualizado varias veces. Actualmente pertence á empresa multinacional estadounidense Hasbro.

Mecánica

[editar | editar a fonte]

O obxectivo é determinar quen asasinou a vítima do xogo (o "Dr. Black"), onde aconteceu o crime e cal foi a arma empregada. Cada xogador fai o papel dun dos seis sospeitosos e ten que tentar deducir a resposta correcta mentres se move polo taboleiro e recolle pistas dos outros xogadores sobre as circunstancias dos feitos.[1]

Contido do xogo

[editar | editar a fonte]

O xogo, normalmente consiste nun taboleiro que amosa os cuartos, andadeiros e pasaxes secretas dunha casa inglesa de campo, chamada Mansión Tudor en Hampshire, en 1926. Tamén inclúe figuriñas de cores que representan os personaxes, as armas en miniatura, dados, tres xogos de cartas e as Notas do detective.

Taboleiro

[editar | editar a fonte]

Hai nove cuartos da mansión nos que puido ter acontecido o asasinato, dispostos de xeito circular no taboleiro de xogo e separados por pasaxes. Os catro cuartos das esquinas teñen cadansúa pasaxe secreta que conduce ao cuarto da esquina diagonal oposta do mapa. O cuarto do centro (que se adoita chamar soto ou escaleiras) é inaccesíbel para os xogadores, mais contén o sobre coa solución e non se emprega doutro xeito durante o xogo. Os espazos coloreados que arrodean o perímetro exterior marcan o punto de comezo de cada personaxe.

 †     Salón de baile     ‡ 
Cociña Patio cuberto
Comedor "Soto"
co
sobre
Sala de billar
Biblioteca
Recibidor
Sala de estar Estudio
 ‡ † 

† ‡ indican pasaxes secretas á esquina oposta

Sospeitosos

[editar | editar a fonte]

Na edición estándar de Cluedo veñen seis figuriñas básicas de cores que representan os personaxes (nomes orixinais na súa versión inglesa):

  • "Miss Scarlett" é a figuriña vermella.
  • "Professor Plum" é a figuriña violeta.
  • "Mrs. Peacock" é a figuriña azul.
  • "Reverend Mr Green" é a figuriña verde.
  • "Colonel Mustard" é a figuriña amarela.
  • "Mrs. White" é a figuriña branca.

Repercusión

[editar | editar a fonte]

Publicáronse numerosos xogos, libros e mesmo estreouse un filme, Clue, como parte da franquía Cluedo. Tamén saíron á venda produtos derivados nos que se ofrecen diferentes modos de xogo, así como personaxes, cuartos e armas extra. O xogo orixinal identifícase co slogan "Classic Detective Game".

  1. 1,0 1,1 Hasbro (ed.). "Clue The Classic Mistery Game". Consultado o 18 de abril de 2017. 
  2. L. A. Petrosjan, V. V. Mazalov (2002). "Game Theory and Applications, Volume 8". p. 26. Nova Publishers

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]