Club dos poetas mortos
Aparencia
Club dos poetas mortos (en inglés: Dead Poets Society) é un filme estadounidense dirixido por Peter Weir que se estreou en 1989.
A estrea en galego estaba prevista para o 12 de xuño de 2026 a través da TVG.[1] Foi reprogramada para o 16 de xuño. A tradución é obra de Ana M. Fernández.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nun elitista e estrito colexio privado de Nova Inglaterra, un grupo de alumnos descubrirá a poesía, o significado do "carpe diem" e a importancia vital de loitar por acadar os soños grazas a un excéntrico profesor que esperta as súas mentes por medio de métodos pouco convencionais.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Robin Williams como John Keating
- Robert Sean Leonard como Neil Perry
- Ethan Hawke como Todd Anderson
- Josh Charles como Knox Overstreet
- Gale Hansen como Charlie Dalton
- Norman Lloyd como Headmaster Gale Nolan
- Kurtwood Smith como Mr. Perry
- Dylan Kussman como Richard Cameron
- James Waterston como Gerard Pitts
- Leon Pownall como McAllister
- Alexandra Powers como Chris Noel
- Kevin Cooney como Joe Danburry
- Welker White como Tina
- Debra Mooney como Mrs. Anderson
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1990: César: Mellor filme estranxeiro.
- 1989: Oscar ó mellor guión orixinal. Nomeado a mellor filme, director e actor (Robin Williams).
- 1989: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor drama, director, actor e guión.
- 1989: BAFTA: Filme e Banda sonora. Nomeada a mellor director, actor, guión e montaxe.
- 1989: David di Donatello: Filme estranxeiro. Nomeado a mellor director e actor estranxeiros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ @agpti (ed.). "Esta noite ás 00:30 a TVGalicia estrea «Club dos poetas mortos», coa tradución para dobraxe pola nosa socia Ana M. Fernández". Consultado o 12 de xuño de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)