Club Voleibol Murillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O CV Murillo.

O Club Voleibol Murillo é un equipo de voleibol feminino, da localidade de Murillo de Río Leza (A Rioxa).

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado na tempada 2004-05 cun equipo xuvenil. Ese ano conseguiu o Campionato Territorial Xuvenil, gañando ao Haro no Play Off.

Na tempada 2005-06 creouse un equipo de 2ª Nacional, máis o equipo xuvenil e un infantil.

Durante dous anos, o equipo principal permaneceu en segunda, e na tempada 2007-08 conseguiu o ascenso a 1ª Nacional tras proclamarse campión da 2ª Nacional, mais por motivos de axuste de inscricións accedeu a unha praza libre na Liga FEV. Na primeira tempada na liga FEV (2008-09) finalizou subcampión e conseguiu o ascenso á Superliga 2. Dende aquela, o seu equipo sénior compite na segunda categoría do voleibol español, a Superliga 2. Na tempada 2009-10 o club levou ás súas vitrinas o seu primeiro título oficial, a Copa da Princesa, tras derrotar ao PDR Miranda na final disputada en Miranda de Ebro por 5 a 2 (21-25, 25-18, 25-17, 21-25 e 10-25). Porén, non puido ascender á máxima categoría do voleibol español ao finalizar 3º e non conseguir vencer no Play Off de ascenso.

Ata a tempada 2009-10 competiu baixo a denominación Nuchar Tramek Murillo polo patrocinio de Nuchar e de Tramek. Na tempada 2010-11 Eurochamp incorporouse como patrocinador e o club pasou a competir baixo o nome Nuchar Eurochamp Murillo.[1]

A temporada 2010-11 comezou coa adxudicación do II Triangular Ciudad de Torrelavega, coa vitoria sobre os equipos de Superliga, Haro Rioja Vóley e Cantabria Infinita[2] e do VII Memorial Lorena Ojeda coa vitoria sobre outros equipos da Superliga como o Haro Rioja Vóley e a Agrupación Deportiva A Pinguela.[3].

Mantén ademais relacións con distintos colexios e institutos de Murillo e da capital rioxana, Logroño, para fomentar o voleibol e competir nas categorías inferiores.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]