Club Gel Puigcerdà
| CG Puigcerdà | |
|---|---|
| Fundación | 1958 |
| Cidade | |
| Estadio | Pavelló de Gel de Puigcerdà (1 400 persoas) |
| Liga | LNHH |
| Campionatos | 6 |
| Cores | Amarelo e negro |
O Club Gel Puigcerdà é un club catalán de hóckey sobre xeo da localidade de Puigcerdà, en Cerdaña. Compite na Liga Nacional de Hóckey Hielo, sendo un dos equipos fundadores da competición en 1972. Xoga os seus partidos como local no Pavelló de Gel de Puigcerdà, un pavillón con capacidade para 1 400 persoas.
Con sete títulos de liga en categoría masculina, o Puigcerdà ocupa a terceira posición na clasificación histórica da liga española. O equipo gañou o seu primeiro campionato en 1986, e en 2005, logo de máis de 15 anos de seca, alzou o seu terceiro título, ao que seguiron outros dous, logrando así tres títulos consecutivos. Ademais o club gañou a Copas do Rei en 13 ocasións, sendo o segundo equipo que máis veces alzou o trofeo.
En 2006 o club iniciou a súa actividade no hóckey sobre xeo feminino, e dende aquela conseguiu gañar a Copa da Raíña en dúas ocasións, o que o converteu no segundo equipo máis laureado da competición.
Historia
[editar | editar a fonte]Inicios do hóckey sobre xeo en Puigcerdà
[editar | editar a fonte]
Os antecedentes do Club de Gel Puigcerdà remóntanse ao ano 1956, cando se fundou un equipo de hóckey sobre xeo no colexio Pensionat d'Alta Muntanya (escolapios) da vila, que fora pioneiro na práctica da patinaxe sobre xeo. O hóckey sobre xeo fora introducido un ano antes, proveniente de Núria, por Pere Dosta Anglada, que se trasladara a Puigcerdà para traballar no colexio. Inicialmente os xogadores do equipo eran xogadores de hóckey a patíns da Escola Pia. O clima invernal da vila favoreceu a introdución da disciplina, que se comezou a practicar no estanque de Puigcerdà.[1][2]
O 26 de febreiro de 1956, xogouse un partido no estanque conxelado da localidade, onde o Club Gel Puigcerdà disputou tamén os seus primeiros encontros.[1] Ao evento, no que tamén se puido ver unha exhibición de patinaxe artística sobre xeo, asistiron máis de 3 000 persoas. Finalmente o Club Alpí Núria acabou impoñéndose ao equipo local da Escola Pia por 7-2. O éxito do evento fixo que un grupo de persoas integrado por pais do alumnado da Escola Pia, Pere Dosta ou o reitor da escola Joan Padrós solicitaran ao goberno municipal a construción dunha pista, que finalmente se construíu ao lado do estanque e se inaugurou o día 10 de febreiro de 1957 cun festival de xeo no que volveron participar os equipos da Escola Pia e o Núria, e que finalizou con empate a un gol.[2]
O 18 de xaneiro de 1958 inaugurábase a pista cun festival internacional de xeo. A partir de dito festival, os clubs de hóckey da vila que trocaran as rodas polas coitelas foron integrados na A.E.P (Antics Alumnes de l'Escola Pia),[Cómpre referencia] que xogaron varios partidos, tanto con equipos cataláns como estranxeiros ata 1964.[1] Debido á imposibilidade de dispor de xeo estable a causa da meteoroloxía, uns cantos xogadores decidiron ir xogar a Font-Romeu para poder continuar a patinar sobre xeo. Con todo, a efectos federativos, non podían xogar no recentemente creado equipo da Union Sportive Font-Romeu.[Cómpre referencia]
En 1973 o Club Gel Puigcerdà converteuse nun dos equipos fundadores da liga española. En 1983 inaugurouse en Puigcerdà o actual pavillón de xeo, o Pavelló de Gel de Puigcerdà, no que o club disputa os seus partidos como local,[1] o Club Poliesportiu Puigcerdà. O 8 de agosto do 2006 o CG Puigcerdà xogou o primeiro partido feminino da súa historia.
O 8 de agosto de 2006 debutou o equipo feminino do club.[1]
Na tempada 2024-25 o Puigcerdà finalizou a Liga Ibérica na segunda posición por detrás do CH Jaca cun punto menos que o cadro aragonés. Logo de superar o Majadahonda en catro partidos (3-1) nas semifinais, enfrontáronse ao Jaca nas finais, onde se impuxeron con claridade en tres partidos (2-4, 1-5 e 4-1). Deste xeito o club conseguiu o seu sétimo campionato de liga da súa historia cinco anos despois do último título de liga conseguido polo club.[3] Este novo título fixo que o club ascendera ata a terceira posición na clasificación histórica da liga española, só por detrás do CH Txuri-Urdin/Real Sociedad (16 títulos) e CH Jaca (15 títulos).[4]
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pavelló de Gel de Puigcerdà.
Os equipos do CG Puigcerdà xoga os seus partidos como local no Pavelló de Gel de Puigcerdà. O edificio foi inaugurado en 1983,[5] e a súa pista de xeo ten unhas dimensións de 56×26 metros. As súas bancadas teñen capacidade para unhas 1 400 persoas.[6]
Dende a súa inauguración experimentou numerosas reformas para a mellora do sistema de arrefriamento da pista, o cambio da cuberta, ou a substitución do antigo valo perimetral.[7]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Masculino
- 7 Ligas Nacionais: 1985-86, 1988-89, 2005-06, 2006-07, 2007-08, 2019-20, 2024-25
- 13 Copas do Rei: 1983, 1984, 1986, 1987, 1992, 1999, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2010,[8] 2022
- 2 Copas Federación: 2005-06 e 2006-07
- 6 Copas de Cataluña: 1984-85, 2002-03, 2003-04, 2005-06, 2007-08, 2008-09
- Feminino
- 2 Copa da Raíña: 2024, 2025
Participacións na Copa de Europa
[editar | editar a fonte]| Tempada | Rolda | Adversario | Resultado(s) |
|---|---|---|---|
| 1989-90 | 1ª Rolda | ||
| 1998-99 | 1ª Rolda | ||
| 1999-00 | 1ª Rolda | ||
| 2001-02 | 1ª Rolda | ||
| 2006-07 | 1ª Rolda | exento | |
| 2ª Rolda | |||
| 2007-08 | 1ª Rolda | ||
Balanzo europeo
[editar | editar a fonte]| Partidos xogados | Vitorias | Empates | Derrotas | Goles a favor | Goles en contra | Diferenza |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 18 | 0 | 1 | 17 | 31 | 182 | -151 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Club Gel Puigcerdà" (en catalán). enciclopedia.cat. Consultado o 13 de novembro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 Bosom i Isern, Sebastià. PUIGCERDÀ (PDF) (en catalán). Deputación de Xirona. pp. 76–77. ISBN 84-8067-015-0.
- ↑ "El Puigcerda vuelve a reinar en Liga un lustro después". MARCA (en castelán). 30 de marzo de 2025. Consultado o 7 de abril de 2025.
- ↑ "El CG Puigcerdà se corona campeón de la LNHH Loterías 2024-25" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 29 de marzo de 2025. Consultado o 7 de abril de 2025.
- ↑ "Club Gel Puigcerdà" (en catalán). enciclopedia.cat. Consultado o 13 de novembro de 2024.
- ↑ "Patinaje sobre hielo en Puigcerdà" (en castelán). ausuddespyrenees.com. Consultado o 13 de novembro de 2024.
- ↑ Spa, Miquel (25 de maio de 2023). "Puigcerdà completa les obres al pavelló de la pista de gel amb el canvi de tanca". Regió7 (en catalán). Consultado o 14 de novembro de 2024.
- ↑ "El Puigcerdà guanya la copa contra el Barça per un clar 6-1 - 29 març 2010". El Punt Avui (en catalán). Consultado o 2021-02-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bosom, Sebastià; Viladomat, Tomàs (2009). 50 anys - Club Gel Puigcerdà.