Saltar ao contido

Club Deportivo Areosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Club Deportivo Areosa
 Nome curto
   CD Areosa (gl)   Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Deporte
 Deporte
Datas
 Fundación / creación
1949 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Instagram: cdareosa Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Club Deportivo Areosa é un club de fútbol da cidade de Vigo. Foi fundado en 1949[1]. O seu filial é a Unión Deportiva Comesaña. No Areosa militaron xogadores coma Kevin Vázquez, Diego Mariño, Manu Justo, Rubén Alvés ou os irmáns Guillermo e Hugo Bueno.

O Areosa comezou a súa andadura en 1949 vinculado ao Colexio Maristas. Finalmente, coa construción do estadio da Xunqueira, mudou a súa localización á parroquia de Comesaña.[2]

Escudo e cores

[editar | editar a fonte]

A cor característica da equipación é o azul mariño, e as cores secundarias adoitan ser o vermello e o branco.

O escudo está composto pola característica cruz de Santiago vermella, presente en multitude de equipos galegos e vigueses. No centro da cruz posúe un brasón dividido en dúas metades, a metade dereita branca e a metade esquerda azul celeste. No medio, a letra A en maiúscula e cor vermella.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]