Club Berbés
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
O Club Berbés, tamén denominado en parte da súa historia como Club Vigués, foi un equipo de fútbol galego. Foi fundado en 1932 no barrio do Berbés, na cidade de Vigo homónimo. Disolveuse en 1950, se ben algúns autores[quen?] sosteñen que se produciu un cambio de denominación en 1951 ao Club Celta Berbés, e posteriormente ata 1954 Club Celta Casablanca, ano no que desapareceu. Xogaba os seus partidos como local no estadio de Fontán.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Malia que o Club Vigués fundouse baixo esa denominación en 1932, existen rexistros da existencia dunha sociedade denominada Vigués FC desde 1923. Participou no fútbol rexional na Liga de Clubs Modestos, e tras a guerra civil converteuse de facto no filial do Real Club Celta de Vigo.
Desde 1943 a 1949 o Club Berbés participou en seis ocasións na Terceira División, que por aquel entón constituía a terceira categoría de fútbol español.[2] Na tempada 1943-44 chegou a clasificar en segunda posición con 24 puntos, a só tres puntos do Racing Club de Ferrol, equipo que conseguira finalmente ascender á Segunda División.[3] Na tempada 1949-50 competiu no grupo I da Terceira División de España, e na que competían equipos como a Ponferradina, a Cultural Leonesa ou o Pontevedra CF. Finalizou en décimo oitava posición con 18 puntos e consumou o seu descenso de categoría.
Participou en tres ocasións na Copa del Generalísimo, equivalente á Copa do Rei, nas que foi eliminado nas roldas previas polo Pontevedra en dúas ocasións, e pola Fábrica Nacional de Palencia noutra.
Após descender á categoría de Primeira Rexional no ano 1950, o Club Berbés atravesou unha crise económica e social que levou a diferentes cambios de nome até desaparecer en 1954.
Nomes do club
[editar | editar a fonte]- Vigués CF (1936-1932)
- Club Vigués (1932-1943)
- Club Berbés (1943-1951)
- Club Celta Berbés (1951-1952)
- Club Celta Casablanca (1952-1954)
Datos do club
[editar | editar a fonte]Cores e escudo
[editar | editar a fonte]As cores do Club Berbés foron, agás en períodos puntuais que utilizaron o celeste, o vermello e o branco, que lucían nos seus uniformes.
O escudo é un brasón en forma de corazón con franxas verticais azuis e vermellas. No centro do escudo, sitúanse dous remos e un balón amarelo[4], e na parte inferior un rombo dividido en catro partes de cores brancas e vermellas, probablemente en relacións coa cor da cidade de Vigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historial del Real Club Celta de Vigo Fortuna.". La Futbolteca. Consultado o 8 de marzo de 2026.
- ↑ "Club Berbés". BD Fútbol. Consultado o 8 de marzo de 2026.
- ↑ "Terceira División de España 1943-44.". Fútbol Regional. Consultado o 8 de marzo de 2026.
- ↑ O Club Berbés ten probablemente relación co Club de Remeros del Berbés, unha sociedade que ofertaba deportes variados como o remo ou o balonmán.