Club Aehde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Club Aehde é un club de patinaxe da comarca do Carballiño. Foi fundado o 28 de xuño de 2013.

Este club dedícase ó fomento do deporte e á implantación da patinaxe sobre rodas en tódalas súas modalidades: artística, velocidade, freestyle e en liña.

Historia[editar | editar a fonte]

A patinaxe neste municipio naceu fai seis anos como unha actividade extraescolar, baixo a organización da ANPA do colexio Calvo Sotelo, por demanda dun pequeno grupo de rapaces e rapazas.

Da actividade extraescolar pasouse á creación dunha escola municipal que foi a semente para o nacemento do club, cunha acta fundacional que data do ano 2013 baixo a presidencia de Virginia López. Un ano despois estableceuse na presidencia Uxío Álvarez Centeno, actual presidente do club.

Durante este tempo a entidade foi medrando en número e estrutura, mesturando a patinaxe artística sobre rodas coa patinaxe en liña.

Agora[cando?], seis anos despois daquel comezo, o club vive unha fase de expansión dentro da provincia de Ourense.

Equipos[editar | editar a fonte]

Patinaxe artística[editar | editar a fonte]

É a actividade principal do club, o equipo de competición é o que participa na maior parte das exhibicións. Impártese cinco días á semana. Compite a nivel autonómico en Galicia, xa sexa en fases de niveis ou en campionatos galegos. Combinan a patinaxe individual co show.

Na patinaxe artística individual hai dous grupos, en función de idades e de niveis. Un primeiro grupo, composto por nenos e nenas de 5 a 12 anos e un segundo grupo, composto por rapaces e rapazas de 12 a 18 anos. Como ben indica o seu nome, nesta modalidade os patinadores e patinadoras adestran e compiten de maneira individual.

A outra modalidade, o show, está composta por un só grupo, no que se mesturan diversas idades (de 10 a 18 anos). Consiste en crear unha coreografía de grupo que representará unha historia ou un tema, coa axuda da música e da danza. Nesta modalidade participan tódolos patinadores e patinadoras do grupo.

Escola municipal[editar | editar a fonte]

A escola conta con dous grupos de traballo só en función do nivel dos patinadores e patinadoras. Impártense as clases dous días á semana. Neste equipo participan nenos e nenas de 4 a 13 anos que ven a patinaxe como unha actividade de lecer. Teñen unha aprendizaxe diaria e participan nos festivais do propio municipio.

Patinaxe en familia[editar | editar a fonte]

Naceu como un concepto para que pais, nais e fillos/as patinasen xuntos por pura diversión. Actualmente[cando?] esta idea, impartida unha vez á semana polo preparador físico do club, encóntrase en pleno auxe e participan moitas familias.

Patinaxe de adultos[editar | editar a fonte]

Este equipo naceu para atender unha demanda de xente adulta do Carballiño que quería aprender e patinar. Trata de ser unha actividade de ocio que se imparte en dúas clases semanais.

Cadro técnico[editar | editar a fonte]

Adestradora[editar | editar a fonte]

Carla Iglesias é a adestradora do equipo de patinaxe artística, da Escola Municipal e directora deportiva do club.

Preparador físico[editar | editar a fonte]

Xurxo Vázquez é licenciado en INEF, fisioterapia e osteopatía. Responsable de patinaxe en familia e adestrador da modalidade de velocidade, tamén se encarga da parte física do equipo de patinaxe artística.

Xunta directiva[editar | editar a fonte]

Formada por seis persoas baixo a presidencia de Uxío Álvarez. Xosé Ramón Castro como secretario, Alicia Graña como tesoureira, Paloma Fernández como delegada do equipo de competición, ademais de vogal en compañía de Silvia Asorey e Esperanza Civeira.

Adestradoras[editar | editar a fonte]

  • Virginia López
  • Erea Abalde
  • Alba Rueda
  • Carla Iglesias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]