Saltar ao contido

Cloaca Máxima

Cloaca Máxima
Roma Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Implicados
 Creador/a
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF316764713 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03hp29 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A Cloaca Máxima era unha rede de sumidoiros construída en Roma que atravesaba o Foro Romano e desaugaba no río Tíber.

Segundo a tradición, a Cloaca Máxima foi obra do rei Lucio Tarquinio Prisco, no século VI a. C. para drenar os vales situados entre os outeiros do Capitolio, o Quirinal e o barrio da Subura. Medía uns 600 metros e tiña un diámetro de 4 a 5 metros. Aínda existe hoxe e a boca é visíbel preto da ponte do Palatino.

A Cloaca Máxima partía do Arxileto, onde recollía as augas do Esquilino, o Viminal e o Quirinal e atravesaba o Foro e o Velabrum de nordeste a suroeste. Parte do percorrido era por superficie e seguiuse o trazado dun curso de auga xa existente.

Roma durante o Imperio Romano, coa Cloaca Máxima en vermello.