Fungo funil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Clitocybe geotropa»)
Fungo funil
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Tricholomataceae
Xénero: 'Infundibulicybe'
Especie: ''I. geotropa''
Nome binomial
'Infundibulicybe geotropa'
(Bull.) Harmaja
Sinonimia
  • Agaricus geotropus Bull.
  • Clitocybe gilva var. geotropa (Bull.) P. Kumm.1871
  • Clitocybe geotropa (Bull.) Quél.1872
  • Omphalia geotropa (Bull.) Quél.1886
  • Omphalia geotropa (Bull.) Quél. var. geotropa
  • Clitocybe subinvoluta sensu Lange (2005)
  • Clitocybe maxima sensu auct Brit. (2005)
  • Agaricus pileolarius Sowerby 1797
  • Agaricus gibbus ß major Fr. 1821[1]

O fungo funil[2] (Clitocybe geotropa) é un fungo basidiomiceto da familia Tricholomataceae.[1] É unha especie moi común en certas zonas; onde se aproveita para fins comestibles. Crece até moi avanzada a estación, novembro e decembro. Atópase nos prados dos bosques, no medio das matogueiras, onde a vexetación fai difícil o acceso. Preséntase en forma gregaria, dispostas en filas ou en cercos máis ou menos regulares (ás veces, aneis de fadas). Non está moi difundida. A variedade presentada é típica dos bosques de abetos brancos.[3]

Características comestibles[editar | editar a fonte]

É comestible e de bo sabor, mais é preciso utilizar só exemplares novos. Non se presta para ser secada, xa que adquire unha consistencia dura, tenaz, que a fai practicamente inutilizable en calquera preparación culinaria. Os cogomelos son moi baixos en calorías (unhas 30 kcal/100 g), posto que o seu contido está formado entre un 80% e 90% de auga. Tamén son moi baixos en proteínas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Infundibulicybe geotropa". Index Fungorum (en inglés). CAB International, CBS e Landcare Research New Zealand Limited. 
  2. "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 119. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2018. 
  3. "Clitocybe geotropa var. subinvoluta". rednaturaleza.com. Consultado o 2024-01-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]