Clemátide
Clemátides (xénero Clematis) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clematis 'Nelly Moser' | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Clemátide é o nome vulgar que reciben as diferentes especies do xénero: Clematis, un xénero que posúe máis de 200[1] especies bravas e máis de 400 cultivares, na familia Ranunculaceae, composto na súa meirande parte por plantas rubideiras e lianas resistentes, con atractivas flores. Algunhas especies son arbustos, e outras herbáceas perennes.
Descrición[editar | editar a fonte]
O xénero componse na súa maioría de plantas rubideiras vizosas e leñosas chamadas tecnicamente lianas. Os talos leñosos son bastante febles até acadaren varios anos de idade.[1] As follas adoitan dividirse en folíolos con pecíolo que se retorcen e enroscan arredor das estruturas de apoio para permitiren que a planta gabee.[1] Algunhas das especies son arbustivas, mentres que outras son herbáceas perennes. As de climas temperados son caducifolias, porén, moitas outras de climas máis cálidos son de follas persistentes.
Malia a súas sonadas flores, as verdadeiras flores son acios miúdos sen interese. En realidade as partes vistosas son sépalos que semellan coridos pétalos florais.[1] Cando as flores e sépalos caen deixan esponxosos acios de sementes con cangallos.[1] A época de floración e a localización das flores nas pólas varía: nas clemátides de floración primaveral xorden nos talos do ano anterior, as de floración estival e outoniza aparecen soamente nos extremos dos talos novos, na de floración dupla combínanse as dúas características na respectiva época.[1]
Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]
Atópanse distribuídas por todas as rexións temperadas de ambos os dous hemisferios, así como en zonas montañosas e tropicais.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O nome do xénero provén do grego antigo ˈklɛmətɨs[2] (klématis) "planta que gabea" probabelmente a Vinca.
Taxonomía[editar | editar a fonte]
En recentes clasificacións recoñécense unhas 297 especies de Clematis. Como era de agardar, porén, os taxonomistas modernos subdividen o xénero.
- Magnus Johnson divide Clematis en 19 seccións, algunhas con subseccións [1].
- Christopher Grey-Wilson divide o xénero en 9 subxéneros, varios con seccións e subseccións dentro deles [2].
Varias das subdivisións son claramente consistentes entre diferentes clasificacións, por exemplo todos os subxéneros de Grey-Wilson úsaos Johnson coma seccións.
Subxéneros de Clematis segundo Grey-Wilson:
- Clematis, Cheiropsis, Flammula, Archiclematis, Campanella, Atragene, Tubulosae, Pseudanemone, Viorna
Algúns destes foron previamente clasificados coma xéneros separados.
Cultivo e usos[editar | editar a fonte]
Vexetan mellor coas raíces á sombra e a parte aérea a pleno sol. Polo xeral, non aturan os solos acedos (como os de Galiza), prefiren os calcarios e outros substratos básicos.
As clemátides foran chamadas de pementeiras polos pioneiros do Vello Oeste e utilizadas coma substituto da pementa para adubar a comida, xa que a verdadeira pementeira (Piper nigrum) era moi custosa e difícil de conseguir.
Toxicidade[editar | editar a fonte]
Todo o xénero é esencialmente tóxico, contén aceites esenciais e compostos extremadamente irritantes para a pel e as membranas mucosas. Porén, a diferenza da pementeira ou as especies de Capsicum (pementos), estes compostos provocan o sangrado do tracto dixestivo se se inxire en grandes cantidades. Cando se podan cómpre empregar luvas.
Malia a súa toxicidade, os amerindios usábanas en pequenas cantidades coma tratamento contra as xaquecas e as desordes nerviosas. Tamén se consideraban efectivas contra as infeccións da pel.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Bender, Steve, ed. (2004). Clematis. The Southern Living Garden Book (2nd ed.) (Birmingham, Alabama: Oxmoor House). pp. 250–2. ISBN 0-376-03910-8.
- ↑ Sunset Western Garden Book. 1995. pp. 606–7.
- ↑ Tilford, Gregory L. Edible and Medicinal Plants of the West. ISBN 0-87842-359-1.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clemátide ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Clemátide |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Grey-Wilson, Christopher Clematis: The Genus: A Comprehensive Guide for Gardeners, Horticulturists and Botanists (Timber Press, 2000)
- Johnson, Magnus The Genus Clematis (Magnus Johnson Plantskola AB, 2001)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Clemátides de sementesArquivado 06 de xuño de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Clematis na Web (en inglés)
- Clematis viorna imaxes en bioimages.vanderbilt.edu (en inglés)