Claudio Claudiano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 370 ![]() Alexandría, Exipto ![]() |
Morte | c. 404 ![]() Roma, Italia ![]() |
Relixión | Relixión galo-romana ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor ![]() |
Período | Baixo Imperio Romano ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru ![]() |
![]() |

Claudio Claudiano (en latín: Claudius Claudianus), nado en Alexandría en 370 e finado en Roma en 405[1], foi un poeta romano na corte do emperador romano Honorio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Escribiu en latín e grego, pero a maioría das súas obras perdéronse. Era natural de Alexandría, pero descoñécese cal foi a súa formación e actividades nos primeiros anos da súa vida, os motivos da súa emigración a Roma e cando se produciu. Porén, hai probas da súa presenza alí en 395 cando escribiu un panexírico sobre o consulado de Probino e Olibrio. Grazas aos seus dous mecenas, Probino e Olibrio, converteuse en poeta da corte. Recibiu o tratamento de vir illustris e erguéuselle unha estatua e un obxecto seleccionado pola esposa de Estilicón, Serena. Considérase un gran poeta, pero na actualidade atribúeselle algúns defectos que lle impiden ser considerado o mellor da súa época. Morreu despois de 404, xa que o sexto consulado de Honorio é o último acontecemento histórico mencionado nas súas obras.
Obras
[editar | editar a fonte]Ademais do panexírico sobre Probino e Olibrio, tamén escribiu sobre os feitos de Estilicón e unhas invectivas contra os seus rivais na corte de Arcadio. A maioría das obras perdéronse e as que se conservan son fragmentarias:
- Panegyricus dictus Probino et Olybrio consulibus.
- In Rufinum.
- De Bello Gildonico.
- In Eutropium.
- Fescennina / Epithalamium de Nuptiis Honorii Augusti.
- Panegyricus de Tertio Consulatu Honorii Augusti.
- Panegyricus de Quarto Consulatu Honorii Augusti.
- Panegyricus de Consulatu Flavii Manlii Theodori.
- De Consulatu Stilichonis.
- Panegyricus de Sexto Consulatu Honorii Augusti.
- De Bello Gothico (sobre a Guerra Gótica de 402-403).
- Poemas menores: Epithalamium Palladio et Celerinae ; de Magnete; de Crystallo cui aqua inerat.
- Epopea de temática mitolóxica: O rapto de Proserpina e a xigantomaquia.
- Épica de temática contemporánea: A guerra contra Gildon, A guerra contra os Godos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, William (ed.) (1867). "Claudianus, Claudius". A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology Vol. I (en inglés). Boston: Little, Brown and Co. p. pp. 762-765.