Claude Cahun
Claude Cahun | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Lucy Renée Mathilde Schowb |
Nacemento | 25 de outubro de 1894 |
Nantes | |
Falecemento | 8 de decembro de 1954 |
Sáint-Hélier | |
Área | fotografía |
Educación | Parsons Mead School, Lycée Gabriel Guist'hau e Nantes School of Art |
Nacionalidade | Francia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lucy Renée Mathilde Schowb, nada en Nantes o 25 de outubro de 1894 e finada en Sáint-Hélier (illa de Jersey) o 8 de decembro de 1954, foi unha fotógrafa surrealista francesa, musa do movemento Queer e feminista, máis coñecida como Claude Cahun.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
As mulleres (ó igual que en moitas outras disciplinas) foron menosprezadas na arte ata o redor do século XIX, cando pouco a pouco se ve unha maior presenza de artistas mulleres destacables. Ata ese momento estas estaban destinadas a realizar accións relacionadas (segundo a mentalidade da súa época) co seu sexo.
Claude Cahun será unha destas mulleres revolucionarias que loitarán contra os estereotipos de mulleres da súa época. A pesar de que foi unha personaxe fascinante, o seu traballo quedou no esquecemento ata a década de 1990, cando se crea unha retrospectiva da súa vida e obra no Museo Nacional de Arte contemporánea de París. A partir dese momento volve ser unha artista moi valorada e as súas obras serán recollidas en moitos dos museos máis importantes do mundo, dende o Tate Modern de Londres ata a Grey Art Gallery de Nova York.
Os seus autorretratos denotan un grande desexo de querer buscar un terceiro sexo existente entre o masculino e o feminino (era lesbiana practicante), por iso é considerada como a gran musa do movemento Queer. Estamos a falar de comezos da década de 1920 polo que esta clase de fotografías eran moi atrevidas para a súa época. Para a recreación das súas fotografías, Claude travestíase a miúdo de diversos personaxes, dende un buda, unha nena, unha ximnasta...
As súas fotografías resultan moi innovadoras para a súa época, posto que o feito de experimentar co seu corpo como base artística e unha ideoloxía moi moderna (a pesar de que existían máis artistas na súa época que xogaban tamén co seu propio corpo para representar o que sentían en fotografías, como diversas alumnas da Bauhaus). Tamén é destacable o feito de que traballase con fotografía, pois esta nun principio non era considerada como unha disciplina artística e grazas a artistas como Claude terminará collendo unha maior relevancia social.
Co ascenso do réxime Nazi, Claude oponse abertamente a el e por pouco termina fusilada. O réxime nacionalsocialista considerará a súa obra como "arte dexenerado", polo que a artista se irá recluíndo na tranquilidade do seu fogar, a pesar de que seguía retratándose o feito de que os nazis desconsiderasen a súa obra, xunto con outros sucesos, axudan a que a súa arte quede totalmente no esquecemento.
En 1992 redescubriuse a súa imaxe, volvendo ó lugar que lle corresponde no mundo da arte.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Claude Cahun ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Claude Cahun: El tercer género o la identidad polimorfa. Diana Saldaña Alfonso
- Biografía e fotos (en castelán)
- Biografía e fotografías (en inglés)
- Páxina con abundantes fotografías e datos (en inglés)
- Páxina Web con información e fotografías (inglés)