Clara Usón
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Clara Usón Vegas 1961 Barcelona, España |
| Educación | Universidade de Barcelona |
| Actividade | |
| Ocupación | autora |
| Premios | |
| |
Clara Usón, nada en Barcelona en 1961, é unha avogada e escritora catalá en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Dereito pola Universidade de Barcelona, filla dun prestixioso avogado de Barcelona. Abandonou o exercicio da avogacía para dedicarse de maneira total á escritura. Gañou o Premio Nacional da Crítica por La hija del Este, novela baseada na figura de Ana Mladić, filla do xeneral serbio Ratko Mladić, responsable do masacre de Srebrenica.
A súa anterior novela, Corazón de Napalm –un retrato das secuelas dos excesos da xeración dos 80– mereceu o Premio Biblioteca Breve.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Feminino Lumen (1998) pola súa novela Noites de San Juan
- Premio Biblioteca Breve de Seix Barral (2009) por Corazón de Napalm
- Premio Ciudad de Barcelona 2013 por La hija del Este
- Premio Nacional da Crítica 2013 por La hija del Este
- VIII Premio 2014 Cultura Mediterránea por La hija del Este
Obras
[editar | editar a fonte]- Noches de San Juan (1998)
- Primer vuelo (2001)
- El viaje de las palabras (2005)
- Perseguidoras (2007)
- Corazón de napalm (2009)
- La hija del Este (2013)
- El asesino tímido (2018)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Clara Usón, en Escritores.org