Saltar ao contido

Clara Thalmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClara Thalmann

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de-ch) Clara Ensner Editar o valor en Wikidata
24 de setembro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Basilea Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Niza Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona
París Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneditora de periódico, anarquista, activista política, xornalista de opinión Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxePaul Thalmann (1931–) Editar o valor en Wikidata

Clara Thalmann, de solteira Clara Ensner, nada en Basilea o 24 de setembro de 1908 e finada en Niza o 24 de xaneiro de 1987, foi unha xornalista, deportista e miliciana suíza que loitou na guerra civil española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Clara Ensner naceu en Basilea en 1908.[1][2] Uniuse ao Partido Comunista de Suíza, aínda que en 1925 xa rompeu coa liña do partido polo seu apoio á Oposición de Esquerda de Lev Trotski. Tamén simpatizou co anarcosindicalismo español debido ao seu programa radical, que ía máis lonxe có socialismo soviético nas súas propostas revolucionarias.[1] En 1928 coñeceu a Paul Thalmann, o seu futuro marido, a través da publicación Basler Volwarts. Foron expulsados do partido o ano seguinte.[2] Xuntos, Thalmann e Ensner fixéronse coñecidos como unha «parella revolucionaria» exemplar. Destacaba a igualdade de xénero entre eles e traballaban xuntos para lograr os seus obxectivos políticos.[1] Nese momento, Clara desenvolveu paixón pola natación e uniuse ao Club de Natación[1] de Traballadores Suízos (en alemán: Schweizerischer Arbeiterschwimmclub).[2]

Guerra civil española

[editar | editar a fonte]

En 1936 Clara Thalmann viaxou a Barcelona para a Olimpíada Popular, onde pretendía competir como nadadora. Ao estalar a guerra civil española un día antes da inauguración, canceláronse os acontecementos previstos, polo que se atopou loitando nas barricadas durante a Batalla de Barcelona.[3] Xa simpatizante da esquerda antiestalinista, uniuse ao Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM) e axudou a producir as súas transmisións en alemán.[1]

Alistouse entón na milicia anarcosindicalista da Columna Durruti, que foi loitar á fronte de Aragón.[1][2][4] Segundo o seu marido, Clara atravesou con relativa facilidade o período caótico dos primeiros meses da guerra civil. Axiña entrou en contacto con outros voluntarios antifascistas europeos, formando o Grupo Internacional da Columna Durruti.[5] Ela era só unha do puñado de mulleres estranxeiras que loitaron na liña da fronte. De feito, estimábase que só o 2% dos combatentes de primeira liña nas milicias confederais eran mulleres.[6][1][4] Máis tarde escribiu que «apenas se consideraba unha pioneira ou mesmo unha feminista».[1]

Pronto se desilusionou polas loitas internas que observou no seo do anarquismo español e gravitó cara ao comunismo, ao consideralo un colectivo máis organizado. A principios de 1937 abandonou a Columna Durruti e tentou incorporarse ás Brigadas Internacionais, mais foi rexeitada polo mando da brigada, quen declarou que as mulleres «non tiñan lugar nun exército profesional». Regresou rapidamente á Columna Durruti pero descubriu que na súa ausencia as mulleres tamén foran expulsadas das súas filas.[7] Porén, a súa experiencia na loita permitiulle permanecer na liña da fronte, mesmo cando a outras mulleres voluntarias se lles negou a mesma oportunidade.[8]

En abril de 1937 volveu gravitar cara o POUM[9] e uniuse ao «Batallón de Choque» do partido por un curto tempo.[10] Logo centrou a súa atención nos conflitos sectarios entre varias faccións trotskistas e axudando a estabelecer boas relacións entre o POUM e os refuxiados antifascistas italianos, que estaban organizados en gran medida ao redor dos bolxeviques-leninistas.[11] Tamén coñeceu áAgrupación dos Amigos de Durruti,[1][9][12] que segundo ela estaba baixo a dirección do trotskista alemán Hans Freund, alias «Moulin».[1][9] Víctor Alba e Stephen Schwartz cuestionaron a validez desta acusación, afirmando que fora motivada por unha «incredulidade trotskista» na capacidade dos anarquistas para actuaren sen a intervención marxista e sinalando a súa aliñación con acusacións stalinistas similares contra o grupo.[13]

Durante os Sucesos de Maio de 1937 viuse envolta nos combates. Atopouse nunha azotea con outros membros da milicia do POUM, entre eles o xornalista inglés George Orwell.[14][15] Tras a vitoria das forzas republicanas Thalmann e o seu marido tentaron fuxir do país en barco, pero foron capturados e encarcerados polo Partido Comunista de España (PCE).[1][2][12] En prisión cantáronse cancións populares suízas cambiando algunhas liñas para se informaren mutuamente sobre os que estaban a ser interrogados.[7] Os tribunais suízos tamén a condenaron a prisión tras xulgala in absentia por recrutar xente suíza para loitaren en España.[16] Tras un chamamento da Internacional Obreira e Socialista, a parella foi liberada da prisión española e decidiu fuxir a Francia.[1][12]

Durante e despois da Segunda Guerra Mundial

[editar | editar a fonte]

Tras o estalido da Segunda Guerra Mundial e a posterior ocupación nazi de Francia, Thalmann, tentando evitar problemas, negouse a unirse de xeito oficial á Resistencia francesa, decepcionada polo colapso do antifascismo en España.[16] Con todo, participou en actos individuais de resistencia e axudou a ocultar refuxiados xudeus en París.[1][12]

Tras a guerra, os Thalmann apoiaron a causa do nacionalismo alxeriano e axitaron contra o goberno totalitario do stalinismo na Unión Soviética.[2] Finalmente ficaron desilusionados con ambos bandos da Guerra Fría e renunciaron á actividade política.[16] En 1953 mudáronse á Riviera Francesa e compraron un terreo preto de Niza.[1][2] Alí estableceron a pensión La Serena, que formou unha comunidade igualitaria.[16][2] Co desenvolvemento da contracultura na década de 1960, os Thalmann regresaron ao activismo e traballaron cos estudantes activistas da Nova Esquerda.[2]

Ao final da súa vida os Thalmann participaron en documentais sobre as súas biografías e escribiron as súas memorias persoais,[2] que se publicaron pouco antes da morte de Paul Thalmann en 1980.[2][9] A fidelidade de moitas das acusacións feitas nas súas memorias foi cuestionada por Víctor Alba e Stephen Schwartz, quen aconsellaron cautela ao lelas como fonte primaria.[17] Cando Burnett Bolloten interrogou á propia Clara sobre as acusacións do seu marido de que membros de dereitas do POUM dispararan contra trotskistas, ela afirmou non ter coñecemento de tales execucións.[18]

En 1983, tras a transición española, Clara Thalmann e o anarquista alemán Augustin Souchy viaxaron a España e visitaron os lugares nos que loitaran durante a guerra civil española.[2] O ano seguinte lamentou os excesos do Terror Vermello en España, e mostrou particular desacordo coas execucións de monxas que resultaran do estalido de violencia ao comezo da guerra.[7] Tras regresar da súa viaxe, Thalmann morreu en Niza en 1987.[2][9]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Kruizinga, Samuël; Diac, Cristina; Acciai, Enrico; Zaugg, Franziska; Bikše, Ginta Ieva; Manojlović Pintar, Olga; Falkov, Yaacov (2020). "'For your freedom and ours!': transnational experiences in the Spanish Civil War, 1936–39". Fighters across frontiers: Transnational resistance in Europe, 1936-48 (en inglés). Manchester University Press. p. 17. ISBN 9781526151247. JSTOR j.ctv18hxw0g.10. doi:10.7765/9781526151254.00010.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Studer, Brigitte; Vallotton, François, eds. (1997). "The collections of the International Institute of Social History, Amsterdam, with special reference to Switzerland". Histoire sociale et mouvement ouvrier: un bilan historiographique, 1848-1998 (en francés). Editions d'en bas. p. 296. ISBN 9782829002267.
  3. Martín Galindo, Javier (25 de xullo de 2021). "El viaje de Clara Thalmann a las Olimpiadas contra el nazismo de 1936 en Barcelona". elDiario.es (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2025.
  4. 1 2 Lines, Lisa (2011). Milicianas: Women in Combat in the Spanish Civil War (en inglés). Lexington Books. pp. 57, 131. ISBN 9780739164945.
  5. Kruizinga 2020, pp. 20-21.
  6. Lines 2011, p. 57.
  7. 1 2 3 Kruizinga 2020, p. 21.
  8. Lines 2011, p. 131.
  9. 1 2 3 4 5 Alba, Víctor; Schwartz, Stephen (1988). Spanish Marxism versus Soviet Communism: A History of the P.O.U.M. in the Spanish Civil War (en inglés). Transaction Publishers. ISBN 9781412834940. OCLC 807346688.
  10. Durgan 2018, p. 144.
  11. Alba & Schwartz 1988, p. 296.
  12. 1 2 3 4 Stout, James (2019). The Popular Front and the Barcelona 1936 Popular Olympics: Playing as if the World Was Watching (en inglés). Singapur: Palgrave Macmillan. pp. 112–113. ISBN 9789811380716. OCLC 1109779203. doi:10.1007/978-981-13-8071-6.
  13. Alba & Schwartz 1988, pp. 296-297.
  14. Stout 2020, pp. 112-113.
  15. Zamorano, Enrique (27 de xullo de 2021). "La 'cara b' de Berlín 1936: los Juegos Olímpicos que cambiaron la historia". El Confidencial (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2025.
  16. 1 2 3 4 Kruizinga 2020, p. 28.
  17. Alba & Schwartz 1988, p. 297.
  18. Bolloten 1991, p. 860n12.