Clara Ponsatí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clara Ponsatí
Clara Ponsatí retrat oficial govern 2017.jpg
Nome completoClara Ponsatí i Obiols
Nacemento19 de marzo de 1957
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona, Universidade Autónoma de Barcelona, Universidade de Minnesota e Escola Orlandai
Ocupacióneconomista, política e catedrático de universidade
FillosJordi Malet Ponsatí
IrmánsAgnès Ponsati Obiols
Na rede
https://www.claraponsati.cat/
IMDB: nm6995969 Twitter: ClaraPonsati Instagram: clara_ponsati Youtube: UC2bWndqjPgpq7m4oymxMT1A Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Clara Ponsatí i Obiols, nada en Barcelona o 19 de marzo de 1957, é unha economista e política catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai era Josep Maria Ponsatí e súa nai Montserrat Obiols, filla do pintor novecentista Josep Obiols e irmá do político Raimon Obiols.

Actividade académica[editar | editar a fonte]

Clara licenciouse en economía na Universidade de Barcelona en 1980 e realizou o mestrado na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) (1982) e doutorouse en 1988 na Universidade de Minnesota coa tese Incomplete Information Two Person Bargaining with a Finite Set of Posible Agreements[1]. Unha especialista na teoría de xogos e economía pública, con interese na negociaión e a resolución de conflitos.[2] Nos Estados Unidos de clases na Universidade de Minnesota no curso 1986/87 e en 1989 volveu a Barcelona como profesora na UAB[3] con interrupcións para exercer como profesora visitante nas Universidades de California en San Diego (1993/94) e Toronto (2000/01). En 2001 incorpourose como investigadora ao Institut d’Anàlisi Econòmica (IAE) do CSIC e foi a súa directora entre 2006 e 2012. No curso 2012/13 foi profesora visitante da cátedra Príncipe de Asturias da Universidade de Georgetown. En 2013 o ministro de educación e cultura do goberno español, José Manuel García-Margallo, recoñeceu en sede parlamentaria que a súa non renovación fora unha decisión política pola postura favorable de Ponsatí ao dereito de decidir en Cataluña[4]. De volta a Cataluña exerceu como profesora-investigadora de novo no IAE ata xaneiro de 2016 cando a Universidade de St Andrews en Escocia nomeouna profesora e directora da súa escola de economía. Publicou diversos artigos académicos en revistas internacionais de teoría e investigación económica tales como o Journal of Public Economic Theory, Games and Economic Behavior, Social Choice and Welfare, Journal of Economic Theory, International Journal of Industrial Organization, Economica ou Economics Letters.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Clara Ponsatí durante o acto no que tomaba posesión do cargo de conselleira de ensinamento da Generalitat de Cataluña

Durante a súa mocidade formou parte da Joventut Comunista de Catalunya e en 1979 entrou a militar no Partit Socialista Unificat de Catalunya [3] pero logo mantívose fóra de toda actividade política pública ata a segunda década do século XXI cando apoiou publicamente o dereito de decidir. En 2014 apareceu no documental sobre o independentismo L'endemà de Isona Passola. Nas eleccións catalás de 2015 foi como suplente pola circunscrición de Barcelona na lista de Junts pel Sí[5]. En maio de 2016 entrou a formar parte do secretariado nacional da Assemblea Nacional Catalana, aliñada co sector crítico da organización[6] permaneceu no posto ata o 17 de xullo de 2017 ao asumir a consellería de ensinanza da Generalitat de Cataluña logo da cesación de Meritxell Ruiz e outros dous conselleiros reticentes a asumiren as consecuencias dun referendo de independencia[7]. Ponsatí colocouse á fronte dun departamento que tiña un papel importante no preparativo do referendo ao localizarense os colexios electores en establecementos de ensino. Tras a celebración do referendo o 1 de outubro e como consecuencia da aplicación do artigo 155 da Constitución española o goberno español interveu o 27 de outubro a autonomía catalá e procedeu, entre outras medidas, á cesación dos conselleiros da Generalitat. Ponsatí canda o presidente Carles Puigdemont e outros tres conselleiros do goberno, Lluís Puig, Antoni Comín e Meritxell Serret marcharon a un exilio autoimposto[8] en Bruxelas o 30 de outubro.

Nas eleccións catalás de 2017 saíu deputada na lista Junts per Catalunya[9][10] porén renunciou á acta de deputada o 28 de xaneiro de 2018[11]. O 10 de marzo anunciou que se ía establecer en Escocia para volver á actividade académica e, xa que logo, oficializaba a súa retirada da política institucional.

Clara Ponsatí, xunto a Puigdemont, nun acto do Consello da República en 2018 co presidente da Generalitat Quim Torra

O 24 de marz de 2018 o maxistrado do Tribunal Supremo español Pablo Llarena emitiu unha orde de detención europea contra Ponsatí[12]. Mais o 28 a xustiza escocesa deixouna en liberdade aínda que lle retirou o pasaporte[13] e o 19 de xullo o xuíz Llarena retirou a euroorde contra ela e outros políticos cataláns ao saber que a xustiza de Schleswig-Holstein rexeitaba a entrega a España de Puigdemont polo delito de rebelión[14].

O 5 de novembro de 2019 Llarena emitiu outra euroorde contra Ponsatí[15] que se devolveu a España para clarificación. Finalmente, o 14 de novembro de 2019 declarou diante a xustiza escocesa que a deixou en liberdade sen lle retirar o pasaporte e fixou a vista para o 12 de decenbro de 2019[16] pero Ponsatí, que fora nas listas de Lliures per Europa nas eleccións europeas do 26 de maio de 2019 sen resultar elixida, converteuse en europarlamentaria tras o Brexit, ao aumentar en cinco os europarlamentarios españois[17] o que supuxo a suspensión do procedemento de extradición ao considerar a xustiza escocesa que o posto lle concedía inmunidade[18].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CV Clara Ponsatí School of Economics and Finance University of St Andrews" (PDF). 
  2. "Clara Ponsatí, de la ANC al Govern pasando por Georgetown". La Vanguardia. 14 de xullo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "L’economista que ve d’Escòcia en vigílies de l’1-O". La Vanguardia. 5 de agosto de 2017. 
  4. "Margallo reconeix que va cessar Ponsatí per sobiranista". NacioDigital. 8 de maio de 2013. 
  5. "Clara Ponsatí, una economista de l’ANC per pilotar Ensenyament". El País. 14 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 26 de xullo de 2020. 
  6. "Dotze noms clau del nou secretariat de l’ANC: del Cercle Català de Negocis a l’esquerra ‘indepe’". El Crític. 25 de maio de 2016. 
  7. "Puigdemont relleva quatre càrrecs per esvair els dubtes sobre l'1-O". Ara. 15 de xullo de 2017. 
  8. "Catalonia election: Puigdemont calls for talks with Spain". BBC. 22 de decembro de 2017. 
  9. "Composició del Parlament - Resultats provisionals - Eleccions al Parlament de Catalunya 2017". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 26 de xullo de 2020. 
  10. "Junts per Catalunya, la llista del PDECat que liderarà Puigdemont". VilaWeb. 13 de novembro de 2017. 
  11. Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals, ed. (28 de xaneiro de 2018). "Ponsatí, Serret i Puig renuncien a l'acta de diputat des de Bèlgica". 
  12. "La policía escocesa recibe y activa la orden de detención contra la exconsellera Clara Ponsatí". El Diario. 25 de marzo de 2018. 
  13. "La justícia escocesa deixa Ponsatí en llibertat condicional i mesures cautelars". Ara. 
  14. "El juez Llarena retira la euroorden contra Puigdemont, rechaza su entrega y acusa al tribunal alemán de extralimitarse". Europa Press. 19 de xullo de 2018. 
  15. "Clara Ponsati: New European arrest warrant issued". BBC. 5 de novembro de 2019. 
  16. "Clara Ponsati bailed in Edinburgh and allowed to keep passport". 14 de novembro de 2019. 
  17. "Ponsati's role as MEP 'could halt extradition'". BBC News. 23 de xaneiro de 2020. 
  18. "Catalan academic's extradition to Spain suspended". BBC News. 5 de marzo de 2020.