Clamidosauro de King

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clamidosauro de King
Chlamydosaurus kingii

Clamidosauro coa súa gorgueira estendida.

Cabeza en primeiro plano
Cabeza en primeiro plano

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Agamidae
Xénero: Chlamydosaurus
Gray, 1827
Especie: C. kingii
Gray, 1827
Área de dispersión de Chlamydosaurus kingii
Área de dispersión de Chlamydosaurus kingii

Área de dispersión de Chlamydosaurus kingii
Subespecies
Véxase o texto

O clamidosauro de King, Chlamydosaurus kingii, é unha especie de réptil escamoso da suborde dos lacertilios e familia dos agámidos.[2]

Esta especie é o único membro do xénero Chlamydosaurus.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Tanto o xénero como a especie foron descritos en 1827 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray, no seu traballo:

"A synopsis of the genera of reptiles and Amphibia, with a description of some new species". Annals of Philosophy 10: 193—217.[2]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Xénero[editar | editar a fonte]

O nome científico Chlamydosaurus está fomado pola unión dos elementos Chlamydo- e -saurus.[3] O primeiro está tirado do grego antigo κλαμΰς clamys, "clámide", vestimenta usada polos soldados, en referencia á gorgueira deste animal,[4][5] e o segundo do grego antigo σαῦρος saũros, "lagarto".[3]

Especie[editar | editar a fonte]

O epíteto específico, kingii, é unha homenaxe ao contraalmirante australiano Phillip Parker King.[3][6]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense dúas subespecies:[2]

  • Chlamydosaurus kingii mickpughi Hoser, 2012
  • Chlamydosaurus kingii pughae Hoser, 2012

Características[editar | editar a fonte]

Chlamydosaurus kingii é un membro relativamente grande da familia dos agámidos, que pode chegar até os 85 cm de lonxitude.[7] É capaz de realizar unha locomoción bípede e os naturalistas describiron que se move regularmente deste xeito, cun paso decidido ás veces.[8][9]

A cor adoita ser marrón ou gris con manchas de cores máis escuras mesturadas de forma moteada para dar a aparencia da cortiza das árbores.[10] Non hai unha cor estándar, senón que a cor varía segundo o ambiente do lagarto. Por exemplo, un lagarto atopado nun ambiente seco e cheo de arxila probabelmente teña un collage de cores laranxas, vermellas e marróns; mentres que un lagarto que se atope nunha rexión máis tropical húmida tenderá a mostrar marróns e grises máis escuros, e algúns verdes. Isto suxire que están adaptados aos seus hábitats; as súas cores son unha forma de camuflaxe.[11]

A característica máis distintiva destes lagartos é o gran volante ou gorgueira que normalmente se atopa dobrado cara a atrás da cabeza e o pescozo. O volante do pescozo está apoiado en longas espiñas de cartilaxe que están conectadas aos ósos da mandíbula. Cando o lagarto está asustado, produce unha exhibición deimática sorprendente: abre a boca, deixando ao descuberto unha cor rosa ou amarela brillante; estende o seu volante, mostrando escamas laranxas e vermellas brillantes; levanta o seu corpo; e ás veces sostén a cola por riba do seu corpo.[12] Esta reacción úsase para exhibicións territoriais, para desalentar aos depredadores e durante o cortexo.[9][13]Esta reacción úsase para exhibicións territoriais, para desalentar aos depredadores e durante o cortexo.[9][13] As partes vermellas e laranxas do seu volante conteñen pigmentos carotenoides.[14]

Os ósos do volante son de tipo hioide, alongados e modificados, que forman variñas que expanden o volante.[15] En segundo lugar, o volante pode servir como forma de camuflaxe cando está relaxado; non hai unha cor estándar no corpo, pero adoita ser máis escuro que o volante.[13]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

A especie é endémica do norte de Australia e o sur de Nova Guinea.[16] En contadas ocasións atópase nas rexións desérticas máis baixas de Australia,[17] pero habita principalmente en climas húmidos como os dos bosques e as sabanas tropicais.[18]

Tende a ser un lagarto arbóreo, o que significa que pasa a maior parte do seu tempo nas árbores.[18] Este lagarto baixa ao chan só en busca de alimento, ou para participar en conflitos territoriais. O hábitat arbóreo pode ser un produto da dieta do lagarto, que consiste principalmente en artrópodos e pequenos vertebrados (xeralmente lagartos máis pequenos).[19] Porén, as árbores úsanse sobre todo para camuflarse.[20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O'Shea, M., Allison, A., Tallowin, O., Wilson, S. & Melville, J. (2017): Chlamydosaurus kingii, na Lista vermella da UICN. Consultada o 6 de xullo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Chlamydosaurus kingii Gray, 1825 no GBIF. Consultado o 6 de xullo de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Chlamydosaurus no Merriam-Webster Dictionary.
  4. Powell, A. W. B. (1979). New Zealand mollusca: marine, land, and freshwater shells. Collins. ISBN 0-00-216906-1. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  5. "ITIS - Report: Chlamys". www.itis.gov. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  6. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Chlamydosaurus kingi [sic]", p. 141).
  7. Savage, Melissa. "Chlamydosaurus kingii". Animal Diversity Web. Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  8. Lydekker, Richard; Kirby, William Forsell; Woodward, Bernard Barham (1897). Natural History. D. Appleton and company. p. 400. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Cogger, Harold G. (1986). Reptiles and Amphibians of Australia. 2 Aquatic Drive Frenchs Forest NSW 2086: Reed Books PTY LTD. p. 238. ISBN 0-7301-0088-X. 
  10. Bartlett, Patricia; Griswold, Billy; Bartlett, Richard D. (2001). Reptiles, Amphibians, and Invertebrates: An Identification and Care Guide. Barron's Educational Series. p. 73. ISBN 978-0-7641-1650-6. 
  11. "Creature Features - Licensed Pets". ABC Online Home. Australian Broadcasting Corporation. Arquivado dende o orixinal o 23-07-2010. Consultado o 9 de xuño de 2022. 
  12. Cott, Hugh B. (1940). Adaptive Coloration in Animals. Londres: Methuen. pp. 218. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Shine, Richard (1 de maio de 1990). "Function and evolution of the frill of the frillneck lizard, Chlamydosaurus kingii (Sauria: Agamidae)". Biological Journal of the Linnean Society 40 (1): 11–20. doi:10.1111/j.1095-8312.1990.tb00531.x. 
  14. Hamilton, D. G., Martin, J. W. and Pryke, S. R. (Setembro de 2013). "Fiery frills: carotenoid-based coloration predicts contest success in frillneck lizards". Behavioral Ecology 24 (5): 1138–1149. doi:10.1093/beheco/art041. 
  15. Pianka, Eric R.; Vitt, Laurie J. (1 de maio de 2006). Lizards: Windows to the Evolution of Diversity. University of California Press. pp. 145, 269. ISBN 978-0-520-24847-2. 
  16. Grzimek, Bernhard; Olendorf, Donna (2003). Grzimek's Animal Life Encyclopedia: Reptiles. Gale. p. 216. ISBN 978-0-7876-5783-3. 
  17. Wagner, Frederic H. (1980). Wildlife of the Deserts. H. N. Abrams. p. 188. ISBN 978-0-8109-1764-4. 
  18. 18,0 18,1 Savage, Melissa (2001). "Animal Diversity Web: Chlamydosaurus kingii". University of Michigan Museum of Zoology. Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  19. Greer, Allen E. (1989). The biology and evolution of Australian lizards. Surrey Beatty. p. 24. ISBN 978-0-949324-21-4. 
  20. Shine, R. & Lambeck, R. 1989.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bedford, G. S. (1995): "Anti-predator tactics from the Frilled Neck Lizard Chlamydosaurus kingii ". Journal of the Victorian Herpetological Society 6 (3): 120-130.
  • Harlow, P. S. & Shine, R. (1998): "Temperature dependent sex-determination in the frillneck lizard Chlamydosaurus kingii (Agamidae)". Herpetologica 55 (2): 205-212.
  • Shine, R. & Lambeck, R. (1989): "Ecology of frillneck lizards, Chlamydosaurus kingii (Agamidae) in tropical Australia". Australian Wildlife Research 16: 491-500.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]