ClamAV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de ClamAV

ClamAV ou Clam AntiVirus é un paquete antivirus gratuíto desenvolvida para Unix e con versións para AIX, BSD, OpenVMS, Linux, Solaris, Microsoft Windows e Mac OS X propiedade desde o 17 de agosto de 2007 da empresa Sourcefire.

O principal obxectivo do Clam AntiVirus e a integración con servidores de correo electrónico para verificar os arquivos adxuntos ás mensaxes. O paquete inclúe un daemon escalable con múltiples fíos de execución, controlados a partir do escáner da liña de comando, e actualizacións de módulo as sinaturas.

Características[editar | editar a fonte]

ClamAV nun PC con Ubuntu
  • Xestión desde a liña de comandos;
  • Permite o uso coa maioría dos servidores de correo, incluíndo a implementación do interface milter;
  • Biblioteca C para escaneo de virus;
  • Dixitalización de arquivos e correo electrónico en tempo real;
  • Definición de máis de 670 000 virus, vermes e cabalos de troia;
  • Soporte para diferentes tipos de arquivos: RAR (2,0, 3,0), Zip, Gzip, Bzip2, OLE2, Cabinet, CHM e SZDD;
  • Soporte para case todos os tipos de formatos de correo electrónico;
  • Soporte para arquivos ELF, Portable Executable, comprimidos con UPX, FSG e Petite.