Clair Patterson
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de xuño de 1922 Mitchellville |
| Morte | 5 de decembro de 1995 Sea Ranch |
| Causa da morte | estado asmático (pt) |
| Lugar de sepultura | Mitchellville Cemetery (en) |
| Educación | Grinnell College Universidade de Chicago Universidade de Iowa |
| Director de tese | Harrison Brown (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | xeoquímico, químico, xeólogo |
| Empregador | Instituto Tecnolóxico de California |
| Membro de | |
| Participou en | |
| 1939 | Proxecto Manhattan |
| Premios | |
| |
Clair Cameron Patterson, nado en Mitchellville (Iowa) o 2 de xuño de 1922 e finado en The Sea Ranch (California) o 5 de decembro de 1995, foi un xeoquímico estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un dos xeoquímicos máis influentes na súa especialidade, que en 1953 determinou con exactitude a idade da Terra en 4.550 millóns de anos, cunha marxe de erro duns 70 millóns de anos. Para realizar a medición e dada a complexidade que supuña atopar rochas o suficientemente antigas como para servir de referencia (a tectónica de placas quedaba lonxe aínda), baseouse nun suposto (que ao cabo sería correcto): as rochas atopadas nos meteoritos serían probabelmente de similar lonxevidade ás que formaron a Terra. Así, utilizando un espectrógrafo de masas cedido polo Laboratorio nacional de Argonne (Illinois), logrou achar a verdadeira idade da Terra.
Por outra banda, Patterson foi un dos máis firmes opositores á utilización de chumbo na elaboración de combustíbeis, polo que foi perseguido polas multinacionais que o trataban e comercializaban. Grazas aos seus esforzos, aprobouse en 1970 a Lei de Aire Limpo en Estado Unidos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "La lucha de Clair Patterson". Xtro : Blog de software para Windows, curiosidades y cosas cachondas (en castelán). 09 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2011.