Cláusula filioque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na teoloxía cristiá, a cláusula filioque[1] ou controversia filioque refírese á disputa entre a Igrexa Católica e a Igrexa Ortodoxa pola inclusión no Credo constantinopolitano do termo Filioque[2] que significa "e do Fillo".

A Igrexa Oriental difire da Occidental no que expón o Credo de Nicea sobre o Espírito Santo. Na forma oriental dise: o Espírito Santo "procede do Pai". Na forma occidental, engádense as palabras "e do Fillo" (escrito en latín, Filioque).[2] A Igrexa occidental confesa unha dobre procesión do Espírito Santo: "Do Pai e do Fillo". A Igrexa Oriental considera que iso é unha herexía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]