Cistanche phelypaea lutea
Este artigo trata sobre a planta do xénero Cistanche, para a planta do xénero Silybum, véxase artigo Cardo de Santa María.
Cardo leiteiro | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||||||
Cistanche phelypaea (L.) Cout. subsp. lutea | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
O coutiño[1] ou cardo leiteiro (Cistanche phelypaea subsp. lutea) é unha planta parasita, desprovista de clorofila, da familia das Orobancáceas, que medra en terreos areosos e salinos, como as beiras das marismas. Cómpre ter en conta que tamén recibe o nome vulgar de cardo leiteiro o cardo de Santa María.
O nome xenérico procede do grego kisthós, pola relación co xénero Cistus que, na súa acción parasita, afoga; e o específico phelypaea en honor do científico francés Louis Phélypeaux (1643-1727).
A planta está presente nas Canarias e no sueste da Península Ibérica (Albacete, Alacant, Almería, Granada, Xaén e Murcia), así como no norte de África ata Exipto e Arabia Saudita. Na costa atlántica é común ata a altura de Lisboa, onde desaparace para reaparecer en Galicia, onde só está presente no enseada Umia-O Grove, límite norte da distribución da especie.
Descrición[editar | editar a fonte]
O talo é robusto e carnoso, máis groso na base, cunha altura de ata 40 cm, erecto e non ramificado, dunha cor desde o gris ata o amarelo pálido ou sucio. As follas son tamén carnosas e glabras [2], de forma oval-lanceolada, de cor gris ou amarelada, a modo de escamas envolvendo o talo.
Florece entre febreiro e maio. As flores agrúpanse en inflorescencias apertadas, cilíndricas, zigomorfas [3] A corola é de forma acampanada e tubular formada por 5 pétalos soldados, case iguais, de cor amarela e ás veces cos bordos violáceos. O froito é en cápsula ovoide, dehiscente e con dúas valvas; produce un alto número de sementes de forma case esféricas.
Hábitat[editar | editar a fonte]
Como se trata dunha planta sen clorofila só pode medrar como parasita de plantas leñosas quenopodiáceas [4], mediante unha adaptación das súas raíces en haustorios [5] que penetran nas raíces do hospedador, do que absorben os nutrientes.
Aproveitamento[editar | editar a fonte]
Aínda que en Galicia non se lle dá uso ningún, en África cómense os talos tenros a modo de espárragos. Da base do talo, subterránea, obtense unha fariña comestible tralo seu desecamento. Esta mesma parte da planta úsase tamén como afrodisíaca. Atribúenselle propiedades antidiarreicas e diuréticas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nomes vulgares galegos en E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
- ↑ Denomínanse glabras as estruturas dos organismos que no presentan pelos, tricomas ou formacións similares na súa superficie externa.
- ↑ Estruturas vexetais, en especial das flores, que mostran simetría bilateral, pero no polisimetría. É o caso das flores dalgunhas fabáceas ou das orquídeas.
- ↑ Subfamilia das amarantáceas, plantas herbáceas (salvo algúns arbustos e trepadoras) frecuentes nas zonas costeras e marismas pola súa adaptación a ambientes salinos.
- ↑ Termo que designa o extremo das hifas dun fungo ou das raíces modificadas de plantas parasitas, como a Cuscuta ou o Orobanche. Estas formacións penetran nas raíces do hospedador pero permanecen fóra das membranas celulares.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cistanche phelypaea lutea |